Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2019

O Concello conmemora o Día da Árbore coa plantación de seis moreiras en Durmideiras

A acción, que se realizou con estudantes do instituto do barrio, forma parte dunha proposta escollida pola veciñanza dentro dos Orzamentos Participativos para incrementar o arborado nesta área

A Concellería de Medio Ambiente celebrou esta mañá o Día das Árbores cun acto de plantación de seis exemplares de moreira na contorna do IES Durmideiras no que participaron estudantes de 1º da ESO do centro, unha acción na que tomaron parte tamén as concelleiras de Medio Ambiente, María García, e de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, xa que a plantación procede dunha petición recollida nos Orzamentos Participativos para o incremento de árbores nos barrios de Monte Alto e Durmideiras.

"Estamos a levar a cabo neste inicio da primavera as últimas plantacións que nos levan a acadar ese reto de incrementar nun 10% a masa arbórea da cidade, con 1.500 exemplares novos, algunhas delas, como a de hoxe, que proceden de peticións directas da cidadanía a través dos Orzamentos Participativos", explicou García. Este incremento de arborado na área iniciouse xa a través de plantacións que levaron a cabo na rúa Disciplina, estrada de Circunvalación, nas prazas de Indalecio Prieto e dos Avós, na rúa Juan Sebastián Elcano e no parque Carlos Casares, no que se volverá plantar novos exemplares nas vindeiras semanas. Así, dentro da petición realizada a través dos Orzamentos Participativos, están previstas plantacións de 50 árbores no barrio de Monte Alto, que se distribuirán entre o parque Carlos Casares, a rúa Tui, a rúa Sirena e a rolda de Monte Alto.

Tal e como apuntou García, os servizos municipais están a realizar as últimas plantacións da terceira fase do programa de expansión de arborado, na que a principal terá lugar no polígono de  Agrela, con arredor de 100 exemplares. García lembrou que, unha vez rematada esta fase, a Concellería de Medio Ambiente iniciará unha nova fase de expansión de arborado na cidade, co obxectivo de incrementar ata o 25% o número de exemplares do municipio antes de 2022, con 4.000 máis.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión