Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2017

O Concello realizou durante o último mes 200 limpezas con auga en medio cento de prazas, xardíns e rúas de toda a cidade

O programa municipal A Pé de Barrio, que actúa estas semanas no Distrito 10, serviu para someter a limpeza intensiva 240 rúas dos barrios de Monte Alto, Zalaeta, a Torre, Orillamar, Cidade Vella e Maestranza

A concelleira de Medio Ambiente, María García, deu conta hoxe das actuacións desenvolvidas polo Concello a través dos programas estivais de reforzo de limpeza vinculados ao plan intensivo de coidado do espazo público A Pé de Barrio, que no seu primeiro mes en marcha serviron para realizar máis de 200 limpezas con auga en prazas e xardíns de todos os barrios, así como nas rúas adxacentes. Esta medida, que se desenvolve en horario nocturno en 46 espazos da cidade, vai orientada a redobrar o mantemento desas prazas e puntos dos barrios que congregan a maior número de veciños e veciñas, así como a preparar os barrios para as súas festas. Desde o pasado 10 de xullo, o servizo realiza esta limpeza con baldeos nocturnos, de forma semanal e cíclica, en localizacións como son a praza de San Andrés, Campo de Marte, Indalecio Prieto, a praza do Parque, o Campo da Leña, a praza de Santa María, o mercado de Monte Alto con avenida de Hércules,  a praza de Azcárraga, a praza da Constitución, a praza da Cidade Vella, os xardíns de Méndez Núñez, a praza de Pontevedra, a praza de Galicia, a praza de Recife, a praza de Vigo, Mestre Mateo, o Parque de Santa Margarita, a praza de Monforte, a rúa Ángel Senra, a rúa Barcelona, a praza das Conchiñas, a praza e a rúa Gaiteira, a rúa Claudio San Martín, o parque San Diego, a praza da Cubela, a praza do Tebeo, a de Benito Blanco Rajoy, a praza de Catro Camiños, a de Padre Rubinos, a praza da Sagrada Familia, o parque de Vioño, a praza de Alfonso XII, a praza Elíptica e a da Tolerancia, a praza Torrente Ballester a de Salvador de Madariaga, a de Pucho Boedo, a de San Cristóbal, a praza da Concordia, as rúas Pablo Picasso e Salvador de Madariaga e os aparcadoiros, a praza Esteban Lareo, a de Pablo Iglesias e a rúa Alejandro Barreiro Noy, uns traballos que poden ampliarse a outros puntos nos que se detecte a necesidade de actuar, co obxectivo de que os servizos municipais cheguen de forma equitativa a todas as áreas da cidade.

Do mesmo xeito, e como indica a concelleira, o plan municipal de coidado intensivo do espazo público A Pé de Barrio serviu para someter a unha limpeza intensiva 240 rúas do Distrito 10, que inclúe os barrios de Monte Alto, Zalaeta, a Torre, Orillamar, Cidade Vella e Maestranza, no último mes. Neste contexto, realizáronse tamén un total de 1.357 intervencións de mellora e coidado do espazo público, dentro das que se inclúen reparacións e substitucións de colectores, papeleiras, eliminacións de pintadas, reposición de arborado e roza en parques e xardíns, así como actuacións sobre pragas, reparacións de beirarrúas e fochancas ou restauración de fontes. Como recorda a responsable municipal de Medio Ambiente, este programa, que percorrerá os 10 distritos da cidade ao longo de 12 meses, foi concibido "dentro das políticas de Coruña Próxima, que buscan poñer en valor o espazo público e favorecer que a veciñanza poida gozar dos seus barrios, das súas prazas e xardíns, a través da mellora, conservación e mantemento do espazo público a través de accións en profundidade en todos os barrios, repartindo os recursos e servizos municipais de forma equitativa en todas as zonas da Coruña".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión