Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

12 de enero de 2020

O concello recupera o estanque do parque de Eirís

A restauración medioambiental deste espazo, impulsada pola Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade, segue as directrices marcadas pola Axenda 2030 para que as zonas verdes proliferen nas cidades

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade está a realizar desde fai días obras de restauración medioambiental do estanque do parque de Eirís. O obxectivo, aseguran desde a concellería, é potenciar o valor medioambiental deste estanque a través de actuaciones que incrementan a súa semellanza a un ecosistema lacustre autóctono.

A edila de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegura que esta restauración "é un exemplo máis do modelo que o Goberno local quere facer das zonas e espazos verdes, para o desfrute da cidadanía" e, explica, "a Axenda 2030 márcanos un rumbo e un camiño do que non nos podemos desviar para que as zonas verdes e a natureza asolague as cidades".

Fontán detallou que a Concellería que ela misma dirixe "irá recuperando pouco a pouco e poñendo en valor tanto as zonas xa existentes como o parque de Bens, o monte de San Pedro ou o propio parque de Eirís, pero tamén as zonas novas que queremos abrir como o Bosque de Breogán en Feáns" e, dixo, "cremos que hai moitas zonas da cidade que aínda están por descubrir á cidadanía para o desfrute e o deleite desde o respecto á natureza e desde a tan necesaria loita contra o cambio climático".

Consumo de Agua

  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?