Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2017

O elevador de San Pedro será sometido a unha revisión completa, que obrigará a pechalo durante cinco semanas a partir do vindeiro luns

O ascensor e a cúpula poderanse visitar durante toda a Semana Santa

O elevador panorámico do Monte de San Pedro permanecerá pechado ao público durante cinco semanas, desde o vindeiro luns, día 17 e ata o 22 de maio,  para ser sometido a unha revisión completa, dentro dos traballos de mantemento electromecánico e de seguridade que se realizan no dispositivo de forma periódica. Tal e como indican desde a Concellería de Medio Ambiente, o ascensor si estará operativo durante esta Semana Santa, o mesmo que a cúpula miradoiro, que poderán visitarse durante todos os días, tanto festivos como fin de semana, en horario ampliado entre as 11.30 e as 21.00 horas.  

O elevador funciona todo o ano durante as fins de semana e pontes, nun horario que vai de 11.30 a 19.30 horas. Entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, amplía o seu período de funcionamento, e está operativo de martes a domingo, desde as 11.30 ás 21.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión