Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

Cuándo:

26 de octubre de 2018

O goberno local amplía o proxecto de Custodia de Territorio e Voluntariado coa sinatura dun convenio coa Universidade para a recuperación e conservación do monte da Fraga

O acordo, no que o Concello investirá 7.500 euros, súmase á iniciativa de colaboración que a Concellería de Medio Ambiente asinou este mes para a custodia do espazo natural da Torre de Hércules

O Concello da Coruña vén de ampliar o novo programa municipal de Custodia de Territorio e Voluntariado Ambiental, posto en marcha neste exercicio, coa sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade da Coruña de cara a favorecer a recuperación e conservación do monte da Fraga, próximo ao campus da Zapateira. O acordo súmase á iniciativa que a Concellería de Medio Ambiente asinou este mesmo mes de outubro co grupo naturalista Hábitat, e que se centrará, especialmente, en accións de coidado da contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia, zona na que o Concello solicitou á Xunta de Galicia a declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Tal e como explica a edil María García, o programa de Custodia de Territorio e Voluntariado ten como finalidade recuperar e favorecer o coidado de espazos naturais do municipio da man de entidades que traballan neste eido, á vez que potencia a participación e a implicación da veciñanza na preservación do medio natural. "O goberno da Coruña está a facer unha clara aposta pola implantación de políticas de conservación e de mellora da biodiversidade na cidade. Este proxecto incide, precisamente, na custodia, por parte da cidadanía, de áreas de territorio con valores naturais que convén preservar ou que se pretenden recuperar, no marco dun termo municipal que carece dunha grande extensión de zonas verdes ", apunta a concelleira.

O convenio asinado esta semana pola titular da área de Medio Ambiente co rector da UDC, Julio Abalde, ten como obxectivo precisamente sustentar economicamente, a través dunha subvención de carácter nominativo en favor da UDC por valor de 7.500 euros, a realización dun estudo do espazo do monte da Fraga así como a organización e coordinación de actividades de educación e voluntariado ambiental. "Esta aposta recoñece tamén o traballo realizado ao longo de todos estes anos pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, tanto no eido da formación como de mobilización da sociedade civil en relación á custodia do territorio", sinala a concelleira.

Todas as actuacións que se desenvolvan no marco do convenio, abertas tanto á comunidade universitaria como á veciñanza en xeral,  levaranse a cabo ao longo do presente exercicio. "O desexo do goberno é seguir avanzando na posta en marcha de iniciativas que favorezan a corresponsabilidade e sensibilización cidadá respecto ás riquezas ambientais que se atopan no termo municipal", afirma García.

Avisos y Eventos

  • PLAN LIMPEZA PINTADAS VANDÁLICAS NA ZONA PEPRI

    Cuándo:

    Desde el 16/01/2019 hasta el 06/02/2019

    Aberto o prazo para solicitar a limpeza de pintadas vandálicas na zona PEPRI de Cidade Vella e Pescadería

Agenda

Econsejos Sostenibilidad

Más información
  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?