Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2019

O goberno local aposta polas políticas de benestar animal coa campaña de fomento da adopción responsable (A)colle

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente asistirán este luns, no Obelisco, a unha nova acción de sensibilización para dar a coñecer os animais que se atopan no Centro Municipal de Acollida

A Concellería de Medio Ambiente avanza no plan de actuacións de sensibilización vinculadas á campaña '(A)colle', que pretender promover a adopción responsable dos animais de compañía que conviven no centro de benestar animal municipal. Así, este luns 4 de marzo, ás 17.00 horas, o Obelisco acollerá unha nova acción na que participarán o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García. Nesta intervención, a veciñanza poderá coñecer a algúns dos cans e das cadelas que se atopan no centro municipal de acollida. "Con este tipo de accións de rúa queremos sensibilizar, dun xeito próximo, ao maior número posible de persoas sobre a importancia da adopción responsable", apunta García, quen avanza que durante o mes de marzo se desenvolverán accións semellantes en diferentes puntos e centros cívicos da cidade e centros cívicos.

A quinta edición desta campaña municipal segue as políticas postas en marcha polo goberno local coa finalidade de mellorar a convivencia entre animais domésticos e veciñanza, ademais das estratexias que permitiron  avanzar cara ao sacrificio cero, un dos principais retos en materia de benestar animal do Concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión