Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2019

O Goberno local asina un convenio con Ecos do Sur para realizar un proxecto de agricultura social e ecolóxica con mulleres inmigrantes vítimas de violencia machista na antiga paxareira de San Diego

A iniciativa convértese no sétimo proxecto de educación ambiental que se realiza nas hortas urbanas da cidade

O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa entidade Ecos do Sur para a cesión da horta educativa situada na antiga paxareira municipal. A organización desenvolverá neste espazo o seu proxecto Matria, no que se emprega o traballo na horta como ferramenta para a transformación persoal de mulleres inmigrantes vítimas de violencia machista. "Na antiga paxareira vaise levar a cabo un proxecto de agricultura social e ecolóxica que vai actuar como dinamizador dun proceso de inclusión social, no que se busca que as mulleres poidan reforzar habilidades sociais e impulsar procesos de reconstrución persoal a través do contacto co medio", explica a concelleira de Medio Ambiente, María García. Tal e como salienta a edil, o proxecto, que inicia o luns as súas actividades, ten un carácter transversal que pasa pola óptica, feminista, integradora, ecolóxica e de xustiza social e repercutirá tamén no seu entorno, xa que contempla colaboracións con entidades implantadas no barrio, como a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer y otras demencias afines (Afaco), e centros escolares da zona.

O convenio, que ten unha duración de catro anos, supón iniciar o sétimo proxecto educativo vinculado ás hortas urbanas da cidade, despois dos tres postos en marcha no parque Carlos Casares, dous na Agra do Orzán e un en Eirís. Como indica a concelleira, estas iniciativas forman parte tamén do programa europeo Urbact, no que A Coruña forma parte dunha rede con outras seis cidades do continente para a transferencia de boas prácticas no fomento da agricultura urbana e a alimentación sustentable.

O espazo da paxareira, situado no Parque de San Diego, foi destinado a horta urbana despois de que foise desmantelada, dentro das políticas de benestar animal do Goberno local, porque non cumpría coa normativa autonómica na materia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión