Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

Cuándo:

31 de octubre de 2018

O Goberno local inviste 1,5 millóns na mellora da funcionalidade e a conservación e posta en valor dos cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns

As actuacións suporán a creación dunha nova recepción e a restauración de cubertas en San Amaro, así como a ampliación de nichos en Feáns

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou esta mañá actuacións de reforma e adecuación para os cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns previstas polo Goberno local, que suporán un investimento de 1,5 millóns de euros cos que "se afondará na mellora do estado deste servizo público básico para a cidadanía ao tempo que se recuperan un patrimonio histórico e cultural de excepción". As obras están destinadas a restaurar as instalacións e acondicionar os espazos "para axustalos á demanda cidadá de espazos máis cómodos e máis prácticos á hora de visitalos e tamén para crear zonas destinadas á reflexión e á contemplación máis axeitados nos lugares onde enterramos aos seres máis próximos". Tal e como sinalou a concelleira, a maior parte das actuacións realizaranse no cemiterio de San Amaro, "un lugar con valor histórico, artístico e cultural inaugurado en 1813, no que están enterradas tamén moitas persoas ilustres e que foi escenario de episodios históricos da cidade".

Para conservar a singularidade do cemiterio de San Amaro vanse poñer en marcha diferentes accións, algunhas delas xa previstas no plan director do espazo, como a demolición da sala de recepción, que carece de valor histórico, e o traslado desta función á antiga sala de autopsias, do século XIX. "O espazo está agora infrautilizado e só só acolle os vestiarios dos e das traballadoras, que se reubicarán na sala de servizos funerarios. A sala pasará a ter unha función de recepción máis acorde con ese valor patrimonial que ten", indicou a edil. A obra ten un orzamento de 415.000 euros que se encadra na estratexia Eidus da cidade, dentro da liña de conservación e posta en valor dos cemiterios. Tamén seguirán esta liña de financiamento a demolición dos 300 nichos ilegais que están adosados no exterior do muro leste do cemiterio, "que non son acordes co valor do entorno e cuxa obra foi paralizada porque non se adecúa á normativa". A actuación prevé demoler os nichos, recuperar os muros de pedra do recinto e acondicionar o entorno coa creación dunha zona axardinada e pavimentada. Precisamente, está prevista outra obra que recupere este espazo e o converta nunha zona verde, accesible, con dúas prazas sobreelevadas e bancos  "que aproveite un lugar privilexiado para crear un gran miradoiro ao mar e para a contemplación". A obra, con cargo ao contrato de parques e xardíns, ten un orzamento previsto de 240.000 euros.

Dentro dos traballos previstos está tamén a restauración das cubertas de San Amaro, un labor que, como explicou a responsable municipal, vaise facendo de maneira progresiva, pero ao que se lle dará agora pulo coa actuación sobre 2.500 metros cadrados de cubertas dos nichos do terceiro departamento do cemiterio. "Esta restauración dos tellados, que permite atallar as filtracións de auga, será integral e suporá tamén a instalación de novas canalizacións para a auga, novas drenaxes e reparacións da rede eléctrica". Esta intervención conta con financiamento de 590.000 euros, dos que 370.000 pertencen a fondos Eidus. En total, o gasto enmarcado na Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible ascende a 785.000 euros, que se repartirá en varias anualidades, como apuntou a responsable municipal. O proxecto EidusCoruña está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

No cemiterio de San Amaro abordarase tamén o acceso dende a rúa Rafael Baixeiras, unha demanda histórica da veciñanza, que pide darlle máis altura ao muro e na que se adecuará a entrada coa retirada dun recinto que alberga agora mesmo contedores do lixo. Esta actuación, de 34.000 euros, servirá tamén para poñer en valor o monumento ás mártires da primeira folga xeral de Galicia celebrada en 1901 e que estaba ensombrecida por esta construción. "Este repertorio de actuacións teñen diferentes períodos de execución, algunhas delas depende de informes sectoriais e de patrimonio, especialmente no caso do cemiterio de San Amaro", apuntou.  

Contrato de mantemento

A concelleira avanzou tamén está pendente de adxudicación o contrato de mantemento dos cemiterios de San Amaro, Feáns e Oza, un servizo que non existía ata o momento e que  "redundará nun mellor estado dos cemiterios xa que aborda unha gran variedade de tarefas". Así, con este contrato estarán cubertos labores de mantemento e reparación de cubertas, limpeza de diferentes elementos dos cemiterios, mantemento do mobiliario e equipamento exterior, pintura, reparacións de saneamento, electricidade e moitos outros aspectos. O contrato ten un custe de 150.000 euros anuais e unha duración de tres anos, prorrogable por dous máis.

Novos nichos

A Concellería de Medio Ambiente inicia tamén a primeira fase de construción de 1.484 nichos no cemiterio de Feáns. Nesta etapa, vanse realizar 76 nichos e 49 cinceiros, que se gañarán con dúas novas filas en altura nos departamentos que agora teñen tres de altura. Esta obra ten un orzamento de 100.000 euros.

Avisos y Eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cuándo:

    Desde el 02/03/2017 hasta el 01/03/2020

    Campaña de compostaje doméstico

Agenda

Puntos limpios

Más información

Suscripción al boletín co2ruña

Los campos marcados con un asterisco son obligatorios

La suscripción a este boletín se realizará en el idioma de navegación actual de la página web: Castellano

Política de privacidad

De acuerdo con la legislación en materia de protección de datos y, en concreto, con el Reglamento UE 2016/679, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril, los datos personales que usted nos facilite voluntariamente en el formulario de "Suscripción al Boletín de actividades", serán tratados bajo la responsabilidad del AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA Plaza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), con la finalidad de ofrecer a la ciudadanía información a través del Portal Web del Ayuntamiento, estando legitimado por el consentimiento que usted expresamente otorga mediante la aceptación de la cláusula de protección de datos, pudiendo usted retirar dicho consentimiento en cualquier momento, sin efectos retroactivos.

Sus datos de contacto se tratarán durante el tiempo que mantenga la suscripción o ejerza su derecho de cancelación u oposición. Igualmente le informamos que tiene derecho a solicitar a la persona responsable del tratamiento, en cualquier momento, el acceso, rectificación o supresión de sus datos personales y la limitación de su tratamiento.

También tendrá derecho a oponerse a dicho tratamiento, así como a solicitar, salvo casos de interés público y/o ejercicio de poderes públicos, la portabilidad de sus datos. Dichos derechos podrá ejercerlos mediante solicitud remitida a la siguiente dirección: Registro de entrada municipal Plaza Mª Pita nº 1, con la referencia "protección de datos", a través de un escrito firmado al efecto, adjuntando una fotocopia de su Documento Nacional de Identidad.

Igualmente podrá dirigir dicha solicitud directamente a la persona Delegada de Protección de Datos, cuya identidad.

Asimismo, usted tiene derecho a presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Marca la siguiente casilla para aceptar la política de privacidad *

  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?