Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

23 de mayo de 2019

O Goberno local retoma a contratación do servizo de limpeza viaria, unha vez actualizado o orzamento de licitación do mesmo

A reunión do executivo autorizou o gasto para licitar de urxencia a xestión de cinco bibliotecas da cidade durante seis meses e dar así seguridade e solvencia ao servizo

O Goberno local autorizou esta mañá, en xunta extraordinaria, abrir de novo o proceso de adxudicación do contrato de limpeza viaria, unha vez foi completado o proceso de modificación das cláusulas administrativas do mesmo para actualizar o orzamento base de licitación do contrato cos incrementos que corresponde aos custos salariais do cadro de persoal de 2019. A Concellería de Medio Ambiente decidiu o pasado 11 de abril suspender o prazo de presentación de ofertas para o novo contrato de limpeza viaria para que a contía de licitación do contrato reflectise a suba salarial do 3% que se corresponde co presente ano tras unha reunión técnica con representantes sindicais. "A actualización dos salarios estaba fóra de discusión, pois o cumprimento desta subida estaba xa recollido nos pregos por outras vías. De todas maneiras, decidimos parar e actualizar o prezo base de licitación como solución máis rápida para poder continuar co procedemento", explica a edil de Medio Ambiente, María García.

Tal e como indica a concelleira, o inicio do procedemento de licitación do contrato de limpeza viaria fíxose no último trimestre de 2018, polo que os salarios contemplados correspondían a ese ano. A non aprobación do orzamento obrigou a parar este procedemento de licitación e reinicialo unha vez prorrogado en 2019. "En toda documentación e nas cláusulas administrativas do prego establécese a obriga do contratista ao mantemento dos salarios e do cumprimento estrito do convenio colectivo, polo que a garantía salarial estaba asegurada", remarca García. Deste xeito, o orzamento base de licitación do contrato pasa de 14.599.072,86 euros anuais a 14.987.761,26 euros e ábrese de un novo procedemento de adxudicación.

Servizo de bibliotecas

A reunión do executivo local permitiu tamén iniciar o proceso de contratación urxente do servizo de cinco bibliotecas da cidade por un período de seis meses "para garantir o seu funcionamento e evitar o grave prexuízo que suporía para a cidade o seu peche". O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, trasladou á Xunta de Goberno a proposta de contratación por adxudicación negociada sen publicidade á que se convidarán a participar seis empresas, o dobre do que se establece por lei para este tipo de licitación.

O emprego deste procedemento vén forzado pola necesidade de resolver con urxencia a situación das cinco bibliotecas, unha vez que non foi posible completar a súa internalización na empresa pública Emvsa. O consello de administración de Emvsa decidiu non incluír na orde do día da súa última xuntanza o trámite legal de adaptar os estatutos da empresa pública á Lei de Contratos, un trámite que era necesario para poder abordar o acordo acadado pola Xunta de Goberno Local para a municipalización da rede de bibliotecas, polo que se interrompeu o proceso. "Ante o risco de que a empresa concesionaria actual, que presenta problemas de tesourería, poida renunciar á prestación do servizo, o Goberno local vese obrigado a negociar de urxencia un contrato ponte de seis meses que, por unha banda, garanta este servizo á cidadanía e, por outro, proporcione unha situación de maior seguridade ao cadro de persoal", explica Sande. Así, a Xunta de Goberno local autorizou o gasto de 1.308.139,49 euros para a contratación deste servizo durante seis meses.

Outros asuntos

Noutra orde de asuntos, o Goberno local aprobou de maneira inicial a expropiación forzosa da sistema xeral viario VG6, na avenida de Fisterra, por un prezo de 157.116,15 euros. Esta actuación responde, como explica o responsable de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, "ao primeiro paso para eliminar unha zona de vivendas situadas nunha zona clasificada como viaria e que supoñen perigosidade e inseguridade na zona de San Xosé". Esta acción, incide, estará acompañada, "como xa fixo este Goberno local noutros puntos da cidade, dun traballo de intervención social preciso que acompañe en todo momento ás persoas afectadas". A expropiación, que constitúe tamén unha demanda veciñal de anos, permitirá ampliar a vía. Co expediente aprobado de maneira inicial, ábrese agora un prazo dun mes para a súa información pública e presentación de observacións ou reclamacións.

Por último, na reunión desta mañá aprobouse tamén o proxecto para o acondicionamento do interior das Naves de Metrosidero, que proporcionará os elementos necesarios para a realización das actividades a partir das necesidades que foron detectadas no proceso participativo que definiu os seus usos. Este espazo, que está destinado á mocidade tanto como para punto de encontro como para o desenvolvemento de actividades, conta con tres naves, un invernadoiro e o exterior que rodea os edificios. Unha das naves albergará un punto de información xuvenil e un espazo de traballo, outra delas estará adicada aos deportes urbanos e a terceira terá usos polivalentes, dende ensaios, obradoiros ou outras actividades que se definan na xestión compartida das Naves, que estará aberta á participación das persoas usuarias. A versatilidade do espazo require un acondicionamento pouco invasivo e reversible, que permita adaptalo a novos usos. O proxecto, que ten orzamento base de licitación é de 418.554,32 euros, pertence a unha das liñas de actuación de EidusCoruña. O proxecto EidusCoruña está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

Econsejos Sostenibilidad

Agenda

Twitter @corunasostible

Twitter @airecoruna

Más información
  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?