Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2017

O parque de Santa Margarita acolle desde este sábado e durante catro fins de semana o festival de arte e desenvolvemento sostible ‘Amargarida verde’

O proxecto, incluído na convocatoria municipal Cultura de Barrio, engloba actividades lúdicas para todas as idades e propón para as primeiras xornadas accións de arte mural, caza de sons e imaxes ou a acción ‘vestindo árbores’

O parque de Santa Margarita acolle desde esta fin de semana e durante os próximos catro sábados e domingos o festival de arte e desenvolvemento sostible Amargarida verde, unha iniciativa do colectivo Loairas que forma parte do plan de apoio a asociacións e entidades culturais da cidade, Cultura de barrio, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento para apoiar proxectos socioculturais de asociacións e colectivos da cidade e contribuír a deseñar a programación cultural nos distintos barrios e espazos da cidade. As actividades recollidas nesta proposta comezarán este mesmo sábado, e desenvolverase ao longo das tres últimas fins de semana de maio e a primeira fin de semana de xuño a través de accións lúdicas e formativas dirixidas tanto á infancia como a persoas adultas, que inclúen arte mural, cúpulas xeodésicas, exposicións, hortas e compostaxe, cine verde ou música reciclada.

En concreto, para esta fin de semana, o programa inclúe, o sábado e o domingo, desde as once da mañá, actividades de arte mural, resiliencia arbórea, estruturas vexetais ou a acción 'vestindo árbores', dirixida a usar teas e pezas de ganchillo ou calceta para cubrir os troncos dos exemplares nunha intervención de carácter lúdico e artístico. Tamén, ao longo das xornadas, haberá  talleres colaborativos en diferentes partes do parque nos que aprender dende como facer estruturas vexetais con vimbio ou cosmética natural ou participar nunha actividade de movemento creativo ou nunha xuntanza colectiva para facer ioga no parque. Como peche do festival, o domingo, 4 de xuño celebrarase unha xornada especial de 'contraconsumo', con mercadiño de artistas, artesanía e produtos locais, zona de troco e actuacións musicais, no que se convida á xente a participar nun día de ocio alternativo en forma de romaría verde.

Documentos:

Dossier Amargarida Verde (4 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión