Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

PLAN LIMPEZA PINTADAS VANDÁLICAS NA ZONA PEPRI

Cuándo:

Desde el 16/01/2019 hasta el 06/02/2019

Este evento ya ha finalizado

Documentos:

Solicitude de limpeza de pintadas vandálicas (299 KB)

Aberto o prazo para solicitar a limpeza de pintadas vandálicas na zona PEPRI de Cidade Vella e Pescadería

Plan de eliminación de pintadas vandálicas na zona definida polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) da Cidade Vella e Pescaría

A actuación municipal de resposta ás pintadas non autorizadas centrouse ata o de agora nas que afectan os edificios, instalacións, espazos e mobiliario público, mediante os recursos previstos no contrato de limpeza viaria adxudicado no ano 2008. Ademais, o Concello desenvolve as súas competencias sancionadoras fronte a pintadas non autorizadas que se producen na vía pública e en calquera espazo ou elemento urbano, de acordo coas previsións da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria. 

A problemática afecta tamén as propiedades e os espazos de titularidade privada, e ten implicacións para o interese público, na medida en que se degradan os espazos de uso colectivo, especialmente daquelas zonas que gozan de protección patrimonial como a Cidade Vella e Pescaría. Así, seguindo o exemplo doutras experiencias municipais e debido á concorrencia dunha razón imperiosa de interese público de primeira orde, como a protección do patrimonio cultural, o Concello da Coruña pon en marcha o Plan de eliminación de pintadas vandálicas na zona definida polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) da Cidade Vella e Pescaría. Neste sentido cómpre destacar que a Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia prevé a obriga das entidades locais de protexer o valor cultural dos bens do patrimonio cultural de Galicia que se encontran no seu territorio.

O Concello da Coruña levará a cabo a limpeza de zonas afectadas por pintadas que se encontren na fachada exterior de edificios e linden directamente coa vía pública, no marco do Plan especial de eliminación de pintadas da zona definida polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) da Cidade Vella e Pescaría, de acordo cos requisitos que se indican a continuación.

Petición de eliminación de pintadas en fachadas

Destinatarios e ámbito territorial

Poderá solicitar a limpeza de pintadas vandálicas que se encontren na fachada exterior de edificios que linden coa vía pública calquera persoa propietaria de edificacións, predios e establecementos ou representantes de comunidades de propietarios de edificios en zona PEPRI. O Concello só actuará no caso de que conste a solicitude expresa indicada.

De acordo co inventario realizado polo Servizo de Medio Ambiente en novembro de 2018 as rúas da zona PEPRI con maior afectación son as seguintes: Africano, Alameda, Alcalde Canuto Berea, Afonso IX, Alta, Álvaro Cebreiro, Amargura, Ángel, Arco, Arévalo, Argudín Bolívar, Avda. da Mariña, Avenida dos Anxos, Avda. do Metrosidero, Avenida Pedro Barrié de la Maza, Avda. Porto da Coruña, Avenida Porta dos Ares, Bailén, Baltasar Pardal, Barreira, Bombas, Boquete Santo André, Calella da Estacada, Calella Ferrerías, Calella Vista, Campo da Estrada, Cancela, Cantón Pequeno, Capitán Troncoso, Cega, Comandante Fontanes, Coral El Eco, Cordelería, Cordonería, Corralón, Cortadoría, Costa de Santo Agostiño, Damas, Durán Loriga, Estreita de Santo André, Estrela, Fita, Florida, Fonseca, Franxa, Galera, Xeneral Alesón, Ferrador, Ferrerías, Hospital, Hortas, Isabel López Gandalla, Xoán XXIII, Juana de Vega, Maestranza, Mantelería, Mariñas, Marqués de Pontejos, Mercado, Nosa Sra. do Rosario, Oliva, Olmos, Orzán, Panadeiras, Papagaio, Pasaxe Orzán, Paseo Asociación da Prensa, Paseo da Dársena, Pastoriza, Payo Gómez, Perillana, Picavia, Picos, Pío XII, Praza, Pórtico de Santo André, Príncipe, Porta dos Ares, Pza. Africano, Pza. Anxos, Pza. Azcárraga, Pza. Cormelana, Pza. da Cortadoría, Pza. de España, Pza. Fonte Luisa, Pza. Galera, Pza. do Humor, Pza. Josep Sellier Loup, Pza. Juan Naya, Pza. de Lugo, Pza. María Auxiliadora, Pza. de María Pita, Pza. de Mina, Pza. de Ourense, Pza. de Pontevedra, Pza. de Santo André, Pza. de San Nicolás, Pza. de Santa Bárbara, Pza. de Santa Catalina, Pza. Vista, Real, Rexedor Somoza, Repeso, Rego de Auga, Rúa Nova, Santo André, San Bieito, San Blas, San Carlos, San Francisco, San Nicolás, San Roque, Santa Catalina, Santa María, Santo Domingo, Santiago, Sinagoga, Socorro, Sol, Tabares, Tabernas, Tafona, Teresa Herrera, Tinallas, Torreiro, Travesía Cordelería, Travesía Cordonería, Travesía Cormelana, Travesía da Mariña, Travesía de Santo André, Travesía Ferrerías, Travesía Hortas, Travesía Mariñas,  Travesía Orzán, Travesía Padilla, Travesía Porta dos Ares, Travesía Tabernas, Travesía Vista, Travesía Zapatería, Trompeta, Varela Silvari, Vista, Voluntariado, Zalaeta, Zapatería. Con todo, tamén se atenderán aquelas outras peticións de eliminación de pintadas que se encontren noutras rúas ou espazos públicos do resto da zona PEPRI.

Prazo para solicitar a eliminación de pintadas

Establécese un prazo de presentación de solicitudes de eliminación para os efectos de planificar a intervención prevista. O prazo comezará o día 16 de xaneiro e finalizará o día 6 de febreiro de 2019. As solicitudes presentadas fóra de prazo poden non chegar a entrar na planificación inicial e sufrir, en consecuencia, atrasos relevantes na súa execución.

Presentación das peticións e autorizacións polas persoas interesadas

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se achega e cubriranse todos os seus apartados. Para facilitar o desenvolvemento dos traballos da forma máis precisa posible, as persoas solicitantes poderán achegar unha fotografía ou imaxe impresa da pintada en cor.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es. Tamén se poderán presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello da Coruña ou por calquera dos medios regulados no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Planificación e fases da intervención

A intervención levarase a cabo en diferentes fases. Comezarase polas rúas e os espazos prioritarios debido ao seu nivel de afectación, e executarase de acordo cos medios e a capacidade do Servizo Municipal de Limpeza Viaria. En atención ao volume e á complexidade das peticións presentadas, o Servizo Municipal de Limpeza Viaria elaborará unha planificación para a primeira fase da intervención que será publicada no mes de febreiro na páxina web da Concellaría de Medio Ambiente.

O Concello poderá non integrar na planificación determinadas pintadas debido ás dificultades técnicas que poida comportar a súa eliminación ou por razóns de seguridade. 

Observacións

  • Limparanse unicamente as fachadas que lindan coa vía pública, sempre que o permitan a dispoñibilidade de medios, a natureza dos materiais afectados pola pintada, as condicións de seguridade ou a natureza da sustancia utilizada para a realización da pintada.
  • O criterio habitual é non actuar sobre as pintadas existentes en elementos como portas, fiestras etc, ou outros que pola súa natureza ou polas características da pintada poidan sufrir danos derivados da propia actuación de limpeza. Non se actuará sobre patios, accesos a garaxes ou portais e outros lugares de titularidade privada, non lindantes coa vía pública.
  • O custo do servizo correspondente á limpeza poderáselle imputar a quen realizase as propias pintadas e, subsidiariamente, no caso de menores de idade, a quen ostente a súa patria potestade ou tutela, sen prexuízo das sancións que, se é o caso, procedan. Para estes efectos, as pintadas serán rexistradas no Inventario Municipal de Pintadas, con carácter previo á súa eliminación.
  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?