Concello da Coruña

Concello da Coruña

Resolución da asignación das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e parque de Eirís

Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase a tramitar expediente para o uso das hortas urbanas nas zonas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 16 de febreiro de 2018

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/05/2018 ata o 08/06/2018

Xa rematou

Documentos:

Resolución da adxudicación das hortas (571 KB)

Finalizou o prazo de presentación de solicitudes o día 12 de marzo de 2018.

O día 30 de marzo de 2018 publicouse, segundo o previsto na convocatoria, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, e finalizou o prazo para emendar as solicitudes o día 13 de abril de 2018.

O día 23 de abril de 2018 apróbase a lista definitiva de persoas admitidas.

O sorteo previsto na cláusula 9 da convocatoria reguladora deste procedemento de autorizacións de uso das hortas urbanas tivo lugar o día 4 de maio de 2018, tal e como se recolle na acta do sorteo que se incorpora ao expediente, e saíu no sorteo a letra "U".

O día 9 de maio de 2018 publicouse, segundo o previsto na convocatoria, a proposta de asignación de hortas urbanas, e finalizou o prazo para presentar alegacións, e novas solicitudes para as parcelas vacantes das hortas de Novo Mesoiro, o día 14 de maio de 2018.

Á vista do exposto, a concelleira delegada de Medio Ambiente, facendo uso das facultades conferidas polo acordo de delegacións de competencias da Xunta de Goberno Local, publicado no BOP do 13 de xullo de 2017 e de conformidade co disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVE:

Primeiro.- Adxudicar as parcelas e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís, segundo se recolle na táboa que se achega no documento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión