Concello da Coruña

Concello da Coruña

Iluminación pública

O incremento da actividade nocturna nas cidades, principalmente do lecer en todas as súas versións, veu acompañado do aumento das necesidades de iluminación artificial. Algúns estudos cifran este crecemento nun 45% dende o ano 1990, situando este sector entre os de maior importancia na emisión de gases de efecto invernadoiro e, polo tanto, entre os grandes incumpridores do protocolo de Kioto nas cidades.

No ámbito municipal, a iluminación pública está á cabeza dos seus consumos enerxéticos. De feito, o 50% da factura municipal corresponde á iluminación. Por iso é polo que un dos compromisos do Concello da Coruña en materia de aforro e eficiencia enerxética fose a implantación dun Plan de Xestión Sostible da Iluminación Pública. Entre os traballos realizados destaca a elaboración dun mapa lumínico de todo o termo municipal.

Este proxecto permitiu integrar as políticas dos diferentes servizos municipais para optimizar os esforzos, tanto humanos como económicos, e conseguir así obxectivos comúns de mellora que permitan a converxencia do municipio cos principios de desenvolvemento sostible da Axenda 21 Local.

O desenvolvemento do mapa lumínico permitiu avaliar o principal consumo eléctrico municipal tendo en conta:

  • Calidade da iluminación (zonas ben iluminadas respecto doutras con deficiencias).
  • Emisións lumínicas non desexadas ao ceo ás fachadas e ao chan.
  • Consumo e eficiencia enerxética.
  • Emisións de CO2.

Da análise global concluíuse que con actuacións sobre as instalacións podíase chegar a un aforro do 22% do consumo enerxético. Así, grazas este proxecto substituíronse 6.400 puntos de luz por outros máis eficientes, e conseguiuse un aforro final próximo ao 36% do consumo enerxético coa renovación do 40% da iluminación da cidade. De cara á difusión do traballo realizado e como exemplo para fomentar a concienciación cidadá, a información analizada representouse mediante mapas de detalle en todos os distritos da cidade.

O proxecto desenvolveuse en diferentes fases. A última executouse no 2010 ao completar a colocación dos puntos de luz eficientes na totalidade dos distritos da cidade. En paralelo, realizouse un inventario de iluminacións singulares.

A aposta innovadora realizada pola cidade da Coruña, co desenvolvemento dun mapa lumínico de todo o seu termo municipal, que inclúe unha análise integrada de parámetros lumínicos e enerxéticos así como un plan de acción en ambas as direccións, referenda o potencial que teñen ferramentas coma esta como metodoloxías para a avaliación de contornas urbanas de cara á redución, non só das emisións de gases de efecto invernadoiro, senón para a mellora do noso ceo nocturno e da eficiencia e calidade da nosa iluminación pública e privada.

Documentos Mapa lumínico

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 Anexo 06 Distrito 01 (10).pdf19/12/202249.03 Mb
 Anexo 06 Distrito 02 (10).pdf19/12/202258.52 Mb
 Anexo 06 Distrito 03 (10).pdf19/12/202254.24 Mb
 Anexo 06 Distrito 04 (10).pdf19/12/202251.18 Mb
 Anexo 06 Distrito 05 (30).pdf19/12/2022126.62 Mb
 Anexo 06 Distrito 07 (30).pdf19/12/2022129.45 Mb
 Anexo 06 Distrito 08 (20).pdf19/12/202296.47 Mb
 Anexo 06 Distrito 09 (50).pdf19/12/2022190.24 Mb
 Anexo 06 Distrito 10 (40).pdf19/12/2022136.05 Mb
 Anexo 06 Distrito 6 (10).pdf19/12/202252.31 Mb
 Documento 1 Mapa Luminico (Memoria).pdf19/12/202217.93 Mb

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión