Concello da Coruña

Concello da Coruña

COLEXIO CALVO SOTELO

Condicións do servizo

1.- Titular:

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

NIF: P 1500000 C

2.- Enderezo da instalación:

Colexio Calvo Sotelo

R/ Mr. Archer Milton Huntington, 24

1501 A Coruña

3.- Actividade:

Centro educativo, actividade deportiva, residencia alumnos/as e servizo de comidas.

CNAE: 8520 /8531

RDPH: Clase 1. Grupo 0. Servizos.

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da restauración, limpeza, vestiarios etc.

- Vertedura de augas pluviais.

- As augas pluviais que verten á rede de fecais estímanse en 2.130,50 m3/ano.

5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras, FUSO 29. DATUM ETRS 89

R/ Mr. Archer Milton Huntington:

X: 546.915 m

Y: 4.802.327 m

6.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao saneamento municipal. Fuso 29. ETRS 89:

Mr. Archer Milton Huntington:

X: 546.913 m

Y: 4.802.313 m

7.- Coordenadas UTM da arqueta toma de mostras. Fuso 29. ETRS 89:

Avenida Labañou:

X: 546.928 m

Y: 4.802.438 m

  1. Identificación acometidas:

    Acometida núm. 1. Principal: r/ Mr. Archer Milton Huntington

    Acometida núm. 2. Polideportivo: Avenida Labañou

    Tomaranse as analíticas sobre a acometida núm. 1, na r/ Mr. Archer Milton Huntington, xa que está na liña da separadora de graxas.

8.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

10.172 m3/ano ≡ 27,87 m3/día

9.- Valores límite de emisión e parámetros para controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

10.- Horario de vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento

11.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de vertedura.

12.- Programa de control de verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas terán que ser efectuadas por un laboratorio homologado.

. Cada trimestre efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 10) desta autorización.

. Cada ano enviaránselle ao concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os documentos de xestión de servizos do separador de hidrocarburos do aparcadoiro e da arqueta separadora de aceites e graxas.

. Cada ano enviaránselle ao concello os datos do consumo anual de auga da rede pública.

13.- Prazo e validez do permiso de vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do artigo 15.5 da citada ordenanza municipal.

14.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de urxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberáselle comunicar, antes de 24 horas, ao concello para tomar as medidas oportunas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión