Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Punto Limpo Móbil

O obxectivo do punto limpo móbil é facilitarlle á veciñanza da Coruña a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Nunha zona concreta da cidade situarase un vehículo que dispoñerá dunha plataforma traseira móbil, esta abrirase en dúas metades deixando un corredor central para poder acceder aos colectores específicos para cada tipo de residuo.

Este servizo serve para depositar pequenas cantidades de residuos perigosos do fogar, para o resto, como papel e cartón, plásticos etc. xa hai colectores nas rúas e outros servizos, como o de recollida diaria de mobles.

Neste vehículo haberá un operario que lle axudará á cidadanía a depositar cada residuo no colector correspondente.

Residuos admisibles: Residuos NON admisibles:
  • Aerosois
  • Aceite doméstico
  • Baterías e acumuladores
  • CD, DVD, disquetes e casetes
  • Cristal
  • Xoguetes
  • Lámpadas e fluorescentes
  • Pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores etc.)
  • Pilas
  • Pinturas e vernices
  • Radiografías
  • Roupa e calzado
  • Teléfonos móbiles
  • Tóner e cartuchos de impresora
  • Cascallos
  • Madeira
  • Pneumáticos
  • Papel e cartón
  • Plásticos
  • Poliespán
  • Restos de poda

Horario: martes a sábado de 09.00 h a 14.15 h

LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

Agosto

Zona Elviña

  • Días 1, 2 e 3 (mércores, xoves e venres): praza Luís Seoane (zona Edificio Adms. Xunta - acceso aparcadoiro)

Zona Mesoiro

  • Día 4 (sábado): rúa Illas Sisargas (fronte ao Supermercado Eroski)

Zona Castrillón

  • Días 7, 8 e 9 (martes, mércores e xoves): praza Pablo Iglesias

Zona Os Castros

  • Días 10 e 11 (venres e sábado): avenida do Exército confluencia con avenida de Oza (zona glorieta)

Zona Monte Alto

  • Día 14 (martes): Campo de Marte

Zona Lonzas

  • Días 16, 17 e 18 (xoves, venres e sábado): avenida de Cádiz (zona parque infantil)

Zona Agra do Orzán

  • Días 21, 22 e 23 (martes, mércores e xoves): praza das Conchiñas

Zona Gaiteira

  • Días 24 e 25 (venres e sábado): rúa Gaiteira (á altura do núm. 31)

Zona Os Mallos

  • Días 28, 29 e 30 (martes, mércores e xoves): rúa Capitán Juan Varela (praza Audiencia Provincial)

Zona Vioño

  • Día 31 (venres): Rolda de Outeiro (confluencia coa avenida de Arteixo, zona praza antigo Opencor)
  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?