Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2017

A Concellería de Medio Ambiente fomenta o coñecemento das plantas medicinais e ornamentais de Galicia

A Asociación Cultural Zalaeta organiza tres xornadas formativas dentro da convocatoria de axudas Cultura Ambiental

A Concellería de Medio Ambiente informa que mañá dará comezo o ciclo de xornadas de educación ambiental Plantas medicinais e ornamentais en empresas galegas, unha iniciativa promovida pola Asociación Cultural Zalaeta e que conta co apoio do Concello a través da convocatoria Cultura Ambiental. A proposta, aberta á cidadanía, achega ás persoas participantes o traballo neste eido que se está a desenvolver no territorio.

A primeira xornada, Outras plantacións son posibles en Galicia: o traballo de Hervas de Caaveiro, terá lugar mañá en Padrón, no Pazo de Faramello. O grupo asistente fará unha visita guiada ao edificio e aos xardíns acompañado por Silvia Caffaro, responsable da empresa en San Sadurdiño, co obxectivo de gozar da riqueza paisaxística do lugar así como á concienciar ás persoas participantes en relación á repoboación arbórea en Galicia. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde o Instituto Zalaeta e o grupo regresará contra as 17.00 horas do mesmo sábado.

A seguinte proposta terá lugar o 29 de novembro no IES Mendéndez Pidal. O doutor en Química e Investigador da Universidade da Coruña, José Manuel López Vilariño, ofrecerá o parladoiro Ten sentido falar de plantas medicinais no século XXI? Será ás 17.00 horas no salón de actos do centro educativo. Finalmente, a terceira xornada será o 11 de decembro e incluirá unha saída a Paderne. O responsable da Área de Produción Vexetal de Orballo SL, Joaquín Barral Varela, falará do Primeiro cultivo de té con certificado ecolóxico de Europa. A visita guiada comezará ás 15.30 horas no IES Ramón Menéndez Pidal, e o grupo regresará ao centro contra ás 18.30 horas.

Todas as actividades son abertas á cidadanía, aínda que están dirixidas, especialmente, á comunidade educativa do IES e á veciñanza do barrio. Para formalizar a inscrición ás xornadas, pódese escribir un correo electrónico á dirección afrade@edu.xunta.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión