Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2018

A Concellería de Medio Ambiente sortea o 4 de maio as parcelas das ecohortas na Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro, para as que foron admitidas 290 solicitudes

As persoas e entidades ás que lles sea adxudicado un destes espazos terán 10 días hábiles dende o sorteo para presentar o documento de aceptación do terreo, imprescindible para a súa ocupación

A Concellería de Medio Ambiente realizará o sorteo das parcelas das ecohortas da Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro o próximo 4 de maio, venres, no Kiosko Alfonso ás 17.30 horas, despois de publicar a lista final de solicitudes admitidas, unha vez resoltas as alegacións e revisada a documentación aportada polas persoas e entidades solicitantes. En total, sortéanse 218 parcelas entre as 290 solicitudes aceptadas, xa que foron excluídas nesta punto da adxudicación 34 persoas e unha entidade por non presentar a documentación acreditativa ou por non cumprir cos requisitos da convocatoria. A cesión do terreo para o cultivo ecolóxico será de dous anos, que se poderá prorrogar un máis, sen chegar a exceder os tres.

Trala resolución de adxudicación das parcelas e mesas de cultivo, as persoas e entidades adxudicatarias disporán de 10 días hábiles para presentar por rexistro o documento de aceptación asinado e acompañado dunha fotocopia do seu DNI. Este paso é fundamental para poder acceder a súa adxudicación, xa que non se cumprimenta entenderse que a persoa ou entidade renuncia á parcela outorgada. As persoas que quedaron fóra do sorteo, no que se elixirá unha letra a partir da cal se asignan as parcelas por orde alfabética, conformarán a lista de espera.  Entre as parcelas outorgadas atópanse dúas concibidas con fins educativos na ecohorta da Agra do Orzán, que xestionarán SOS Racismo Coruña e a Anpa do Colexio Cid, así como unha da Asociación de Veciños Uxío Carré que se atopa no Parque de Eirís. Estas entidades e todas as persoas que reciban unha parcela recibirán formación en agricultura ecolóxica, así como asesoramento e acompañamento legal e formativo para a constitución das comunidades de persoas usuarias, boas prácticas a aplicar nestes terreos municipais e guías sobre o asociacionismo.

Nas tres ecohortas obxecto desta convocatoria -nas que se reservaron cotas para persoas xubiladas ou maiores de 65 anos, veciños e veciñas receptoras de rendas sociais e para asociacións sen ánimo de lucro e centros públicos de ensino dos distritos ou áreas colindantes-  hai 218 parcelas e 24 mesas de cultivo destinadas a persoas con mobilidade reducida. A máis grande é a da Agra do Orzán, que ten 112 parcelas e 10 mesas de cultivo, seguida da do Parque de Eirís, onde se prepararon 77 parcelas e 10 mesas, e Novo Mesoiro, que está dividida en 29 áreas e catro mesas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión