Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de novembro de 2017

A Mesa Metropolitana da Auga acorda aplicar medidas de aforro do subministro ante a situación de seca nos concellos da comarca

A concelleira de Medio Ambiente avanza que o rego de parques e xardíns e o baldeo con auga para a limpeza das rúas interromperanse a partir da semana que vén, e tamén se iniciarán inspeccións da rede de subministro para reducir as perdas

A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou este venres, xunto con representantes técnicos e políticos dos municipios integrados na Mesa Metropolitana da Auga, na reunión na que se acordaron as primeiras medidas de aforro ante a prolongada situación de seca, entre as que se conta a decisión de aplicar, a partir da próxima semana, restricións nos usos da auga en espazos públicos e a redución na medida do posible do consumo innecesario. Dado que as choivas dos últimos días aínda non foron suficientes para recuperar o caudal dos ríos Mero e Barcés, e o nivel do encoro de Cecebre baixou esta semana ata o 39%, os e as representantes conclúen que é o momento de que todas as poboacións que se abastecen del adopten medidas, de xeito conxunto e responsable. Así, nos próximos días comezarán a aplicarse unha serie de medidas do Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (DOGA 07/10/2013), como son a restrición do consumo en fontes ornamentais e elementos similares, a eliminación do baldeo de rúas para a súa limpeza, a redución dos regos públicos e privados -dado que a actual situación de humidade ambiental permite racionalizalos-, o control de consumos en edificios e instalacións municipais e control das perdas da rede de abastecemento, para detectalas e minimizalas.

Estes son os primeiros pasos para afrontar unha situación de excepcionalidade. Serán necesarios un mínimo de tres meses de choivas regulares para recuperar as reservas de Cecebre. Tal e como quedou patente durante a xuntanza,  é necesario, pois, emprender accións para aumentar o máximo posible a duración dos recursos hídricos dispoñibles, aínda cando as previsións meteorolóxicas permiten un certo optimismo. Para iso, é precisa a axuda de toda a cidadanía, polo que desde a Mesa Metropolitana faise tamén un chamamento ao consumo responsable nos fogares e negocios. Por outra banda, o persoal técnico de Emalcsa xa a está a traballar noutras solucións por se a alerta por seca decretada por Auga de Galicia o 3 de outubro chega a converterse nunha emerxencia, co obxectivo de evitar as restricións do servizo domestico e empresarial.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión