Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xaneiro de 2018

María García salienta o traballo da comunidade educativa do IES Menéndez Pidal "a favor da sensibilización e conservación da natureza", na presentación das obras para reverdecer o patio do centro que contaron co apoio do Concello

A concelleira asistiu á inauguración da mostra fotográfica ‘Zalaeta: o noso cultivo ecolóxico e saudable’, que afonda nos beneficios, para a contorna natural e a saúde, do sistema de produción ecolóxico

A concelleira de Medio Ambiente, María García, visitou esta mañá as actuacións realizadas, grazas á colaboración do Concello da Coruña, no IES Menéndez Pidalo coa finalidade de mellorar aspectos ambientais no equipamento educativo. Os traballos, que consistiron na colocación de plantas ornamentais e dunha malla verde, ademais dun novo sistema de rego ou o aderezo xeral desta zona das instalacións, realizáronse a través dun convenio de colaboración asinado no pasado exercicio polo goberno local coa Asociación Cultural Zalaeta, no que o Concello da Coruña investiu 7.500 euros. A responsable municipal destacou o apoio do executivo coruñés aos centros educativos en programas de sensibilización vinculados coa conservación da natureza, e descatou a aposta, coa promoción deste tipo de iniciativas, por parte do IES Menéndez Pidal. "A comunidade educativa do centro é un exemplo a seguir, tanto polo interese en reverdecer o patio do recinto, como na organización do ciclo de actividades relacionadas co coñecemento das plantas medicinais e ornamentais que presentaron a través da convocatoria de axudas Cultura Ambiental", explica a edil, "ou mesmo pola súa participación activa na campaña de sensibilización Móllate!".

Ao fío, a edil asistiu no propio centro á inauguración da mostra fotográfica Zalaeta: o noso cultivo ecolóxico e saudable, realizada e protagonizada por membros da comunidade educativa do IES, e que ten, como obxectivo, afondar no respecto polo medio ambiente así como nos beneficios, para a contorna natural e a saúde, do sistema de produción ecolóxico. As 19 imaxes, realizadas en diferentes espazos do equipamento, reflicten o carácter interdisciplinar do proxecto e convidan á reflexión sobre a integración, na vida cotiá, de hábitos saudables, ecoloxía e sustentabilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión