Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2017

Medio Ambiente apoia unha campaña de sensibilización da Liga Reumatolóxica Galega sobre a reciclaxe de produtos farmacolóxicos

A entidade organiza este xoves a charla ‘Nós precisamos medicamentos, a natureza non’, no marco da convocatoria Cultura Ambiental

A Concellería de Medio Ambiente, a través da convocatoria de axudas Cultura Ambiental, apoia a posta en marcha dunha campaña de concienciación en relación á reciclaxe de produtos farmacolóxicos. A proposta, impulsada pola Liga Reumatolóxica Galega, diríxese á cidadanía en xeral, pero especificamente a todas aquelas asociacións do ámbito sanitario nas que as persoas usuarias, en función das diferentes patoloxías que padecen, manexan con asiduidade fármacos.

Con motivo desta campaña, o vindeiro xoves, 14 de decembro, a entidade organizará a charla Nós precisamos medicamentos, a natureza non, impartida pola técnica de SIGRE Elena Cantalejo, na que se presentará á veciñanza as liñas básicas para a separación e reciclaxe deste tipo de productos. O parladoiro, aberto á cidadanía, terá lugar ás 18.00 horas no Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, espazo no que, coa colaboración da Fundación Abrente, se instalará un punto informativo durante toda a xornada.

Documentos:

-Nos-precisamos-medicamentos.jpg (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión