Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2018

O alumnado de oito centros que participan no programa municipal Móllate! define esta tarde as accións que levarán a cabo para acadar un San Xoán máis sostible

O alcalde, Xulio Ferreiro, que participará no acto, pide aos mozos e ás mozas a súa colaboración activa, co obxectivo de reducir as toneladas de residuos que se recollen dos areais da cidade tras a celebración

O alumnado que participa este ano no programa Móllate! presenta esta tarde as iniciativas que levarán a cabo de cara á campaña de San Xoán, na que teñen como obxectivo concienciar á cidadanía, e en especial á xente moza, para celebrar unha festa máis sostible. No acto, no que tamén darán a coñecer o traballo que desenvolveron nos últimos meses, estará presente o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que pedirá ao alumnado dos centros participantes a súa colaboración activa nesta campaña co obxectivo de reducir este ano as toneladas de residuos que se retiraron o pasado ano das praias, que xa foron 50 menos que en campañas anteriores.  

As alumnas e os alumnos dos centros coñecerán esta tarde, ás 18.30 horas no centro EIX, as tarefas de comunicación que se lles asigna para lograr un San Xoán máis sostible, así como o seu reparto. Esta terceira edición do programa educativo para a defensa dos océanos mantén o enfoque para que a xente nova da cidade participe da elaboración da mensaxe que se vai a difundir, así como na definición das canles e ferramentas máis apropiadas para facelo. Ata chegar a fase de hoxe realizáronse 20 obradoiros. O obxectivo do programa é involucrar aos veciños e ás veciñas máis novas para lograr que a festa de San Xoán sexa máis respectuosa para a contorna e para os mares, incidindo así tamén no establecemento duns hábitos máis saudables. O programa intenta que o alumnado repense as súas condutas de relación coa contorna, tanto a nivel individual como colectivo, para transformalas de xeito positivo.  

Estas accións dirixidas a eliminar os plásticos dos océanos teñen especial sentido durante a festa do San Xoán, xa que é o evento de maior impacto ambiental da cidade. Por iso, o programa Móllate!, que se enmarca tamén no Plan de Eventos Sostibles da cidade, se centra no San Xoán que é o maior reto da cidade, no que se acumulan nos areais da cidade entre 180 e 200 toneladas de residuos.

Nesta fase do programa de sensibilización Móllate! conta este ano con participación de profesorado e alumnado do segundo ciclo de Educación Secundaria, bacharelato e ciclos formativos de oito centros da cidade: o IES Sardiñeira, o IES Fernando Wirtz, o CPR Nebrija Torre de Hérciles, o IES Eusebio da Guarda, o CPR Calasancias, o CPR Tomás Barrios e o CIFP Ánxel Casal. En total, teñen participado nesta iniciativa 30 centros educativos da cidade. Tamén estarán presentes no acto representantes da Fundación Érguete, unha das entidades participantes no programa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión