Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2018

O Concello adxudica de forma definitiva as 217 parcelas das ecohortas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís

A área de Medio Ambiente vén de publicar a lista de solicitudes admitidas na súa páxina web, www.coruna.gal/medioambiente

A Concellería de Medio Ambiente vén de publicar a resolución definitiva da convocatoria para facer uso das hortas urbanas dos barrios da Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro. Tras o proceso de alegacións, a área que dirixe María García deu a coñecer nesta xornada a lista definitiva das solicitudes admitidas, que se pode consultar desde esta tarde no web www.coruna.gal/medioambiente. As persoas interesadas en facer uso das parcelas e das mesas de cultivo deberán presentar, no prazo de 10 días hábiles, a súa conformidade coa asignación das mesmas. No caso de non facelo, considerarase que renuncian á concesión, polo que se procederá a asignar as hortas en función das solicitudes que se atopan na lista de espera.

As novas áreas de ecohortas, cuxa construción, deseño e selección de localización formaron parte de procesos participativos, constan dun total de 217 parcelas, das cales o goberno local reservou unha porcentaxe para persoas xubiladas ou maiores de 65 anos, veciños e veciñas receptoras de rendas sociais e para asociacións sen ánimo de lucro, de carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental, así como centros públicos de ensino dos distritos ou áreas da contorna. As hortas, que non están suxeitas ao pago de ningunha taxa, contan ademais con accesos adaptados para persoas con diversidade funcional.

A concesión das parcelas e das mesas de cultivo das hortas urbanas será por dous anos, pero poderase prolongar até os tres. As persoas e as entidades admitidas na convocatoria deberán cultivar o terreo empregando técnicas ecolóxicas, obxectivo para o que contarán con programas de formación vinculados á xestión de hortas, produción ecolóxica e compostaxe comunitaria. Para máis información sobre as ecohortas, pódese consultar o web http://ecohortas.coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión