Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2017

O Concello apoia a iniciativa 'Agra-Cultura', dirixida á renaturalización e potenciación da biodiversidade en espazos urbanos

O proxecto, que impulsa a ONG Ecos do Sur e que forma parte da convocatoria 'Cultura Ambiental' da área de Medio Ambiente, presentará a actividade 'Convivencia verde' este domingo no marco do Mercado Ecolóxico do Campo da Leña

A Concellería de Medio Ambiente apoia, a través da última convocatoria de axudas Cultura Ambiental, o desenvolvemento de Agra-Cultura, unha iniciativa de promoción cultural, renaturalización e potenciación da biodiversidade en espazos urbanos mediante o coñecemento e a conservación da natureza que impulsa la ONG Ecos do Sur. O proxecto propón a construción de espazos comúns de encontro interculturais e de participación cidadá a través da reconquista responsable da utilización dos recursos naturais e a recuperación de espazos verdes para a veciñanza.

Entre as propostas que desenvolverá Agra-Cultura, destaca Convivencia Verde, que ten como finalidade impulsar a participación, a colaboración cidadá e o voluntariado ambiental a través dun encontro interxeracional e aberto á cidadanía, sobre procesos de naturalización e cultivo ecolóxico en hortas urbanas. Esta iniciativa desenvolverase mañá domingo, día 19, entre as 11.00 e as 17.00 horas, no marco do Mercado Ecolóxico e de Proximidade do Campo da Leña promovido pola área municipal de Emprego e Economía Social. Neste contexto celebraranse, ademais, distintas dinámicas de sensibilización e posta en valor da agricultura ecolóxica a través de actividades para todos os públicos ou do agasallo de sementes.

A iniciativa tamén desenvolverá no mes de decembro os obradoiros gratuítos abertos a toda a cidadanía Macetohorta: unha horta na túa casa, co obxectivo de achegar boas prácticas para a creación de hortas en domicilios particulares a través da utilización do espazo dispoñible nas terrazas ou balcóns das casas, e facilitar a conservación da biodiversidade dun xeito sinxelo, accesible e económico. Agra-Cultura tamén promoverá o voluntariado ambiental e actividades de educación ambiental nas hortas urbanas no Parque Carlos Casares, no barrio de Monte Alto, ou a creación de vídeos participativos para a difusión de valores e coñecementos que promovan a xeración dunha conciencia proclive aos procesos de naturalización.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión