Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2019

O Concello comprométese á protección das especies autóctonas da contorna da Torre de Hércules

Esther Fontán asegurou que, unha vez a zona estea aprobada como espazo natural de interés local (ENIL), “estamos obrigados a protexer todas as especies autóctonas” dentro do Plan de Autoprotección da Torre de Hércules.

A concelleira de Medio Ambiente e Sostenibilidade, Esther Fontán, e a súa homóloga de Turismo, Diana Cabanas, visitaron esta mañá a Torre de Hércules e a súa contorna con motivo da clausura da exposición fotográfica "O patrimonio natural da contorna da Torre de Hércules", que recolle algunhas das especies máis representativas da paisaxe e pon en valor a zona natural.  Na súa visita, ambas as dúas estiveron co representante do grupo naturalista Hábitat e da propia exposición, Andrés Pereira, quen lles amosou o traballo realizado polos voluntarios na zona para a conservación das especies autóctonas da fauna e a flora.   Pereira mostroulles con todo luxo de detalles cales son as especies máis propias da contorna natural e paisaxística da construcción milenaria: "desde a largarta galega máis típica ata os paxaros que aniñan nas árbores e flores preciosas moi pouco coñecidas", añadiu a edil de Medio Ambiente.  A clausura desta mostra dá entrada á exposición de carteis de "Viñetas desde o Atlántico" que comeza mañá e, que como todos os anos, instalarase no mesmo lugar, dando un papel destacado á Torre de Hércules. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión