Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2018

O Concello inicia mañá os traballos para formar a duna de prevención de Riazor de cara á tempada invernal

As actuacións, que promove a Concellería de Medio Ambiente e que estarán concluídas antes da vindeira fin de semana, mobilizarán dúas máquinas bulldozer

A Concellería de Medio Ambiente ten previsto iniciar mañá, día 22, na praia de Riazor, os traballos para formar a duna de contención que se coloca cada outono no areal como barreira de protección do Paseo Marítimo ante o inicio dos meses máis fríos, nos que se prevén condicións meteorolóxicas adversas. A duna ten como finalidade evitar que os temporais que entre o outono e a primavera afectan ao litoral coruñés prexudiquen o menos posible á circulación peonil e ao tráfico do Paseo, de cara a previr situacións de risco.

A actuación comezará mañá, coincidindo coa baixamar. Os servizos municipais mobilizarán na praia dúas máquinas bulldozer para realizar os traballos, que teñen unha duración estimada de catro ou cinco días, de xeito que a barreira de áridos quedará instalada antes da fin de semana.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión