Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2017

O goberno local pon en marcha o plan anual municipal de podas, que se desenvolverá até o mes de febreiro

A concelleira María García lembra que o programa de actuacións de saneamento e conservación, “que recolle as demandas da veciñanza recibidas ao longo de todo o ano”, levarase a cabo “na época que respecta o ciclo vital das árbores”

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, vén de iniciar neste mes de decembro o seu plan anual de podas, unha medida que ten como finalidade o saneamento e mellora da conservación das árbores que se atopan no termo municipal. "O inverno, tanto pola espera da caída de folla como polo propio ciclo vital da árbore, é o momento do ano no que se pode poñer en marcha este plan, e así revisar e atender as demandas da cidadanía en relación á poda", explica García, que lembra que con esta serie de intervencións "darase resposta ás suxestións e peticións veciñais deste ámbito que se recollen ao longo de todos estes meses". A concelleira subliña tamén que o programa estenderase "a todas aquelas especies susceptibles de recibir poda", e que se atopan no termo municipal. Deste modo, exemplares que contan cunha importante presenza na cidade, como plátanos de sombra, olmos, freixos, arces ou tilos, serán obxecto do plan de conservación da área de Medio Ambiente. O plan de actuacións municipais contempla, de cara a este mes de decembro, intervir sobre aquelas árbores susceptibles de recibir poda e que se atopan, entre outros espazos, na avenida do Exército, Sardiñeira, Finisterre, San Cristóbal, ou na praza Padre Rubinos; así como no barrio de Monte Alto, nas rúas Curros Enríquez, Ramón del Cueto, Sirena, Carmen, Vixía, Miguel Servet, Antonio Santiago ou Praza de Artillería; e noutras vías da zona centro, como a praza Pontevedra, Santa Catalina ou as rúas Santa Teresa, María Victoria Fernández España e Santa María.

De cara ao mes de xaneiro, a iniciativa da Concellería de Medio Ambiente intervirá no barrio das Flores, Os Rosales, Labañou --Míster Archer Milton Huntington, Educación, Venezuela ou avenida Gran Canaria, entre outras--, Adormideras --nas rúas Regata Cutty Sark, Paseo Club del Mar ou na praza Blanca Quiroga--, Castrillón --en vías como a avenida Concordia, Antonio Noche, Antonio Ríos, Jacinto Benavente, Pablo Iglesias, Vicente Aleixandre ou Hernansáez-- e a 2ª fase do polígono de Elviña. O plan de poda afectará aos exemplares que se atopen na Ronda de Outeiro, nas avenidas Os Mallos, Fernández Latorre, Exército ou Ramón y Cajal, ademais das rúas Caballeros, Castiñeiras de Abaixo, Marqués de Amboage, Vera, Federico Tapia, Fontán, José Cornide ou Juan Flórez e a súa contorna, como Notariado, Menéndez Pelayo, ou a praza de Vigo e Labaca, entre outros espazos.  

Finalmente, no mes de febreiro o plan de podas achegarase a novas vías da cidade, como a contorna do barrio de Riazor, Cidade Escolar, Cidade Xardín, Alfredo Vicenti, Fernando Macías, San Diego, Santa Lucía, avenida Pérez Ardá, Porto, Linares Rivas, Primo de Rivera, Salvador de Madariaga, Baltasar Pardal Vidal, Campo da Estrada, Veramar, Campo de Marte, San Agustín, Maestranza, Costa da Palloza, Santa Cecilia ou Rianxo, ademais da avenida Montserrat, Palavea, Pedralonga, o polígono da Grela, Valaire, Novo Mesoiro e o Cementerio de Feáns.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión