Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2017

O programa de Educación Ambiental amplía a súa oferta este Nadal con actividades nos mercados municipais e nos centros cívicos

As prazas de abastos acollerán mesas informativas sobre consumo sostible, mentres que os centros cívicos acollerán cursos sobre a pegada dos animais

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, ampliará por Nadal a oferta da súa programación estable sobre educación ambiental, de cara a aumentar o número de persoas participantes e diversificar as actividades así como os seus públicos obxectivos. En concreto, está previsto que este mes se desenvolvan mesas informativas sobre consumo sostible e comercio de proximidade nos mercados municipais, así como cursos sobre a pegada dos animais na natureza e outros rastros que se denvolverán nos centros cívicos, para nenos e nenas de até 12 anos. "Cada ano, a programación estable referida a educación ambiental beneficia a unhas 6.000 persoas. A nosa intención, non obstante, é ir máis alá, e non actuar só nos centros de ensino. Queremos fomentar a sensibilización ambiental organizando distintas actividades nun contexto que non sexa o meramente formativo, de forma que consigamos chegar a todos os públicos, ampliando o rango de idades os espazos de interacción", salientou a concelleira do ramo.

Centros cívicos

A actividade Experimentando coa Natureza: rastros e pegadas trata de dar a coñecer a nenos e nenas de até 12 anos de idade as sinais que se poden atopar no medio natural, como pegadas, marcaxes en troncos de árbores, pelos, etc, que indican a presenza de animais así como facilita averiguar que tipo de fauna habita nun determinado lugar. As actividades iniciaranse cunha charla sobre sinais na natureza e continuarán coa observación dunha mostra de distintos rastros, para finalmente, rematar cun traballo individual en barro na que os e as alumnas farán as súas propias pegadas e barro. Os lugares, datas e horarios para a participación neste curso serán os seguintes.

- Centro Cívico Palavea, 12 de decembro, ás 18.30 horas.

- Centro Cívico San Diego, 13 de decembro, ás 17.00 horas.

- Centro Cívico Los Rosales, 14 de decembro, ás 17.00 horas.

- Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga, 19 decembro, ás 18.30 horas.

- Centro Cívico de Monelos, 22 decembro, ás 17.00 horas.

Consumo de proximidade e responsable no Nadal

Por outro lado, e dentro das actividades de educación ambiental previstas para estas festas, tamén se procurará que as persoas consumidoras reflexionen sobre o malgasto na alimentación, a problemática dos envoltorios, a pegada ecolóxica na produción e a separación dos residuos en orixe. Será a través dunha serie de mesas temáticas que estarán presentes nos mercados municipais, e que amosarán distintos materiais e produtos de consumo habitual na compra diaria. Con mensaxes breves, convidarase á reflexión sobre a elección de produtos de proximidade, a redución da manufactura dos mesmos e a elección máis sustentable. A mostra conta ademais coa participación dunha educadora, que atenderá e conversará coas persoas que se acheguen ata ese punto sobre aspectos ambientais relacionados coas compras.

Esta actividade desenvolverase nas seguintes ubicacións e datas:

- Mercado das Conchiñas:  11 e 12 de decembro

- Mercado de San Agustín : 13 e 14 de decembroÇ

- Praza de Lugo: 15 e 18 de decembro

- Mercado de Monte Alto: 19 e 20 de decembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión