Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xullo de 2018

O proxecto piloto para a produción de biometano da EDAR de Bens, "un sistema de aproveitamento enerxético pioneiro no Estado", comezará a funcionar a finais de verán

A produción da Unidade Mixta de Gas Renovable permitirá que circulen a diario un autobús da comarca, así como as furgonetas da estación depuradora

A implantación dunha Unidade Mixta de Gas Renovable na depuradora de augas residuais de Bens permitirá que, a finais deste verán, un autobús que dá servizo á área metropolitana e as furgonetas da estación circulen con biometano procedente do proceso de depuración das augas. "Trátase dun proxecto innovador de aproveitamento enerxético, pioneiro no Estado, que nos permite afondar na aposta do Goberno local pola sustentabilidade ambiental, con proxectos baseados na economía circular, e en mobilidade", indica a responsable de Medio Ambiente, María García. A edil explica que se trata dun proxecto piloto que se realizará ata 2019 e que permite aproveitar o biogás que se produce de xeito natural nos procesos de dixestión anaerobia da materia orgánica na planta depuradora de augas residuais. Por isto, García salienta o carácter inesgotable desta fonte de enerxía fronte a outras opcións limitadas e contaminantes como son os combustibles de orixe fósil. No período de experiencia piloto, produciranse 60 metros cúbicos de biometano por hora, que empregarán autobuses da empresa Calpita que fan o traxecto que percorre Cambre, Culleredo,  Oleiros e A Coruña, así como os vehículos da empresa pública EDAR Bens. Porén, a capacidade teórica de produción da planta é de 450 metros cúbicos por hora.

A obra civil da unidade mixta está xa rematada e a finais de mes se instalará parte da tecnoloxía que resta para que o sistema poida estar en funcionamento ao termo do verán. O proxecto ponse en marcha a través da colaboración da empresa pública EDAR Bens, da que forman parte os concellos de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, coas empresas Naturgy S.D.G., Naturgy Engineering e o centro tecnolóxico EnergyLab, contando cun investimento de 2,2 millóns de euros financiamento da Axencia Galega de Innovación.

García fai fincapé na potencialidade dun sistema de aproveitamento enerxético renovable, sustentado no concepto de economía circular e na loita contra o cambio climático, que permitiría abastecer unha parte dos vehículos que funcionan con esta enerxía na cidade ou ben inxectar 60 metros cúbicos/hora deste combustible na rede de gas natural, "o que xeraría un aforro enerxético anual de preto de tres mil fogares ao ano". Ao fío, a concelleira salienta tamén a oportunidade que supón a innovación e a investigación en economías verdes, tanto a nivel ambiental como de xeración de emprego e oportunidades de negocio baseado no ámbito da innovación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión