Concello da Coruña

Concello da Coruña

(A)COLLE PARA LLES DAR VIDA

O Servizo de Medio Ambiente pon en marcha a campaña (A)COLLE de adopción responsable de cans e gatos que se atopan nol centro municipal de acollida animal

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/11/2016 ata o 28/02/2018

Xa rematou

Documentos:

Tríptico campaña (A)colle (1 MB)

No Centro de Acollida de Animais do Concello da Coruña
recollemos máis dunha mascota ao día. A maioría non teñen chip e pasan nas nosas instalacións perto dun ano de media.
Para poder seguir rescatándoas das rúas a adopción é fundamental. A Coruña é unha cidade que acolle: o ano pasado máis de dous centos animais foron adoptados no Centro da Acollida, pero aínda quedan moitos por adoptar. Visita sen compromiso as nosas instalacións e infórmate dos beneficios persoais da adopción. Coñece tamén as nosas mascotas: algunha delas pode ser o teu mellor amigo!

AS NOSAS FUNCIÓNS
Entre as funcións que temos no Centro de Acollida Animais do Concello da Coruña atópanse:

  • Fomento da adopción responsable de mascotas na cidade daCoruña
  • Desenvolvemento de campañas e accións que favorezan a educación á sociedade no respecto aos animais.
  • Recollida e acollida de animais nas rúas na Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión