Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Composta Coruña

Cando:

Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

Documentos:

Ficha de inscrición (89 KB)

Folleto informativo (717 KB)

Campaña de compostaxe doméstica

Coñeces a compostaxe? Consiste en transformar os residuos orgánicos do teu fogar nun fertilizante para as túas plantas ou xardín. É sinxelo e moi cómodo.

Só tes que ter un pequeno espazo no xardín ou na horta e un composteiro.

Coa compostaxe, reciclas a materia orgánica e axudas a reducir a cantidade de residuos que acaban no colector. Os residuos non viaxan porque quedan na túa casa e isto permite cerrar o ciclo da materia orgánica, como na natureza, ademais de axudar a frear o cambio climático.

Comezamos nos barrios de Elviña e Eirís-Pedralonga pero aos poucos estenderemos o programa ao resto do Concello.

Queres formar parte? Estes son os criterios de inscrición:

  • Que a vivenda na que vas poñer o composteiro pertenza ao concello da Coruña e a un destes dous barrios preferentemente. Se quedasen prazas dispoñibles escolleranse doutros barrios da cidade.
  • Que sexa a túa residencia habitual.
  • Ter un pequeno espazo no teu xardín ou horta.
  • Priorizaranse as vivendas nas que residan un meirande número de persoas de maneira habitual.
  • Estar disposta/o a participar do proxecto educativo: unha formación inicial e tres visitas á túa casa da monitora do proxecto.
  • A orde de inscrición definirá que entres ou non nesta primeira fase do programa. Priorizaranse as 50 primeiras persoas inscritas que cumpran mellor estes requisitos

A cambio, terás:

  • un composteiro para situar na túa vivenda
  • un manual de compostaxe
  • unha formación ao comezo
  • a axuda dunha técnica en compostaxe de Amigos da Terra á que lle poderás consultar todas as dúbidas e que te visitará na túa casa para facer o seguimento do proxecto.

De entre todas as solicitudes recibidas, realizaremos a selección para esta primeira parte, e se non es elixida/o non te desanimes, quedarás na lista de espera para a seguinte convocatoria.

Inscríbete enviando a ficha de inscrición a: compostacoruna@coruna.es

Ou no teléfono 671 865 839.

Porque é comodo, porque é ecolóxico, porque está de moda, porque tes compost gratis, porque participa toda a familia, porque freas o cambio climático. Sobran os motivos.

Apúntaste? Composta Coruña!

Avisos e eventos

  • Mapa Estratéxico do Ruido no Termo Municipal da Coruña

    Cando:

    Dende o 12/12/2017 ata o 27/01/2018

    Aberto o prazo para presentar alegacións e propostas ó Mapa Estratéxico do Ruído do Termo Municipal da Coruña.

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

  • (A)COLLE PARA LLES DAR VIDA

    Campaña acollida de animais

    Cando:

    Dende o 22/11/2016 ata o 28/02/2018

    O Servizo de Medio Ambiente pon en marcha a campaña (A)COLLE de adopción responsable de cans e gatos que se atopan nol centro municipal de acollida animal

Axenda

Separación de residuos

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?