Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Volve a pé de barrio
Plano Coruña

Distrito 10

Do 19 de xuño ao 17 de setembro o Plan intensivo de coidado do espazo público volve ao Distrito 10.

270 rúas

13 barrios: A Torre-Orillamar, Durmideiras, Monte Alto-As Lagoas, Agra de Santo Amaro, Zalaeta-Orzán, As Atochas-Pelamios, Cidade Vella-Maestranza e Pescaría.

Iconas

Necesitamos a túa colaboración

Axúdanos liberando a rúa de coches (cando che toque, avisaremos con tempo) para facilitar a intervención.

A túa comprensión estas semanas é importante, pero a túa cooperación todo o ano é imprescindible ;)

O que é bo para ti, é bo para o teu barrio e para toda a cidade. Contamos contigo.

    Que é a pé de barrio?

    Un plan intensivo de coidado do espazo público que se suma ao traballo diario de limpeza e mantemento. As rúas e prazas son o lugar no que convivimos, a cidade en común. Se as coidamos, gañamos en benestar para todos e para todas.

    Que imos facer?

    Por segundo ano consecutivo, darémoslle a volta á cidade. 12 meses, 10 distritos e todas as rúas.

    Barrio a barrio, actuaremos de maneira intensiva e levaremos a cabo as seguintes tarefas:

    Actuacións desde Medio Ambiente

    • Limpeza viaria profunda: con auga a presión, retirada de pintadas do mobiliario público, chicles etc.
    • Limpeza intensiva de puntos negros
    • Retirada de herbas das beirarrúas
    • Colectores, papeleiras e moloks: mantemento, limpeza e reposición
    • Actuación de control de pragas (aves e outros)
    • Limpeza de pavimentos en zonas de áreas infantís e espazos lúdicos

    Actuacións desde Rexeneración Urbana e Mobilidade

    • Beirarrúas: mellora da accesibilidade. Conservación e mantemento das superficies peonís. Mantemento e substitución de alcorques
    • Mobiliario: mantemento, reposición e pintado
    • Semáforos e pasos de peóns: limpeza e repintado
    • Xogos biosaudables e infantís: pintura, limpeza e axustes
    • Sinalización vertical: revisión e reposición
    • Firmes, calzadas e cunetas: reparación, bacheo e limpeza
    • Marquesiñas do bus: limpeza e reparación
    • Tapas de saneamento: substitución e posta de cotas
    • Ascensores e escaleiras automáticas en vía pública: conservación, mantemento e limpeza
    • Redes eléctricas (subterráneas e aéreas): revisión e corrección
    • Puntos de luz: renovación de luminarias, substitución lámpadas fundidas e/ou gastadas
    • Fontes ornamentais: conservación, limpeza e mantemento
    • Logotipo do Concello da Coruña
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?