Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
O Inventario de Emisións do Concello da Coruña realizouse de acordo coa metodoloxía GHG Protocol, calculando o CO2e. O Protocolo de Gases de Efecto Invernadoiro (GHG Protocol) é a ferramenta máis utilizada internacionalmente para cuantificar e xestionar as emisións de gases de efecto invernadoiro para administracións e organizacións. Esta metodoloxía permite cuantificar as emisións de cada tipo de fonte emisora a partir de datos cuantificables, como o consumo rexistrado de combustibles ou materias primas.
Así mesmo, para o cálculo das emisións de CO2 equivalentes seguíronse as directrices establecidas polo Parlamento Europeo para o seguimento e notificación das emisións de gases efecto invernadoiro de conformidade coa Directiva 2003/87/CE. Esta directiva establece a metodoloxía de cálculo necesaria para obter a cuantificación das emisións de CO2 a partir do tipo de combustible consumido.
Na redución das emisións derivadas da actividade industrial, o Concello non pode exercer unha acción directa. Deste xeito, o papel municipal consiste en desenvolver medidas de sensibilización e fomento da redución das emisións de CO2 no sector industrial xa que as emisións derivadas desta actividade supoñen aproximadamente un 71% do total.
Dende o 23/04/2018 ata o 31/05/2018
Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase tramitando o expediente para o uso das hortas urbanas nas zonas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 16 de febreiro do 2018
Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020
Campaña de compostaxe doméstica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible