Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
A Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha a Oficina Contra o Cambio Climático mediante Decreto da Alcaldía, coa que se pretende desenvolver os compromisos establecidos tras a recente adhesión do municipio ao Pacto dos Alcaldes, así como para velar pola efectiva implantación e seguimento da Estratexia Contra o Cambio Climático da Coruña, participando destas decisións todas as concellerías con competencias ligadas aos diversos programas de actuación.
As actividades da Oficina Contra o Cambio Climático desenvólvense sobre tres eixos fundamentais:
A Oficina nace coa vocación de servir de ligazón entre os diferentes organismos institucionais que traballan polo medio ambiente e os veciños e veciñas da Coruña e, entre outros servizos, poñer a disposición da cidadanía contidos web especializados, un correo electrónico para atender dúbidas (redenergiasostenible@coruna.es), suxestións e achegas dos veciños (981184315), así como asesoramento sobre aquelas medidas que permiten a redución de emisións de CO2. Ademais, ten contas nas principais redes sociais (twitter.com/co2coruna e es-es.facebook.com/CO2coruna) .
A Oficina leva a cabo iniciativas para fomentar o intercambio e o debate arredor da protección do medio ambiente, como a organización dos encontros anuais da Rede de Enerxía Sustentable coincidindo coa Semana da Enerxía Sustentable, talleres de traballo, realizando tamén xornadas técnicas orientadas a cubrir as necesidades de cidadáns e comercios en temas relacionados co uso sustentable da enerxía e a redución de emisións de CO2.
Algunhas accións da oficina:
Dende o 23/04/2018 ata o 31/05/2018
Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase tramitando o expediente para o uso das hortas urbanas nas zonas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 16 de febreiro do 2018
Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020
Campaña de compostaxe doméstica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible