Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

ISO 14001:2004

Rede de Calidade do Aire

A Rede de Calidade do Aire da Coruña encóntrase dentro do alcance da certificación incluíndo as principais tarefas que compoñen a xestión desta infraestrutura ambiental:

  • Mantemento preventivo e correctivo
  • Calibracións
  • Explotación da rede: atención da rede, validación de datos, exercicios de intercomparación, mantemento das bases de datos
  • Informes
  • Arquivo

Volver a menú

Xestión de ruídos e olores

O obxecto deste procedemento é describir a xestión realizada dende o Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña respecto da xestión do control do ruído ambiental e dos olores, no municipio.

No caso do ruído, a certificación refírese á xestión de ruído levada a cabo dende o Servizo de Medio Ambiente en relación á elaboración e actualización do mapa de ruído e dos plans de acción e ás actuacións de vixilancia e control do ruído ambiental.

O plan de xestión dos olores molestos incorporouse como un procedemento que determina a forma de levar a cabo as diferentes fases do control de olores, como os mapas de concentración, a remisión da predición ás empresas, os plans de acción individualizados (PAI) e os traballos de campo e comunicacións aos focos de olor.

Volver a menú

Oficinas de Medio Ambiente

A ISO 14001 inclúe dentro do seu alcance o mantemento das infraestruturas asociadas ao Servizo de Medio Ambiente, como son as oficinas e os vehículos.

O procedemento asociado a estes labores inclúe todas aquelas tarefas que permitan evitar que a falta de mantemento das infraestruturas asignadas ao Servizo de Medio Ambiente e Sanidade poida derivar en incidentes ou accidentes con repercusión ambiental, para o que é necesario a realización de actividades de mantemento preventivo sobre as devanditas infraestruturas.

Tamén se inclúen as xestións pertinentes cos distintos provedores / empresas concesionarias que se van ocupar de realizar as tarefas de mantemento, co fin de que se axusten á periodicidade establecida no Plan Anual e que se leve a cabo unha correcta xestión dos residuos xerados por estas.

Volver a menú

Limpeza e recollida de residuos

Os labores de limpeza e recollida de residuos están dentro do alcance da ISO 14001 do Servizo de Medio Ambiente desagregadas segundo a natureza das tarefas que se realicen.

Así temos que a certificación inclúe os labores de limpeza e xestión de residuos en obras e soares, concretamente todas aquelas tarefas levadas a cabo polo Servizo de Medio Ambiente para o control dos residuos xerados nas obras executadas no termo municipal, así como as que se realizan para manter en adecuado estado de limpeza os soares de propiedade municipal e privados.

Tamén son obxecto de certificación a xestión de residuos municipal e a limpeza viaria. No primeiro caso o alcance inclúe a instalación e mantemento de colectores, tanto de uso colectivo como de uso particular, a xestión de residuos especiais e o mantemento de puntos limpos e a recollida selectiva, mentres que no segundo caso inclúese a limpeza viaria xeral, así como a limpeza viaria nos actos públicos que se realizan na vía pública e a repartición de publicidade.

Volver a menú

Fauna e saúde ambiental

Todas as actividades de xestión da fauna e saúde ambiental no municipio da Coruña están baixo o alcance da certificación ISO 14001.

Os procedementos inclúen todos aqueles que implican as tarefas de xestión realizadas para evitar ou minimizar as repercusións ambientais negativas provocadas polo exceso de determinadas especies existentes na cidade (fundamentalmente: gaivotas, estorniños e pombas) que poden, entre outras cousas, limitar a presenza doutras especies, ensuciar a vía pública ou destruír o patrimonio histórico.

Igualmente certificáronse as actividades de desratización, desinsectación e desinfección levadas a cabo dentro do termo municipal.

Volver a menú

Servizos de lacería

A xestión dos diferentes servizos proporcionados pola Canceira Municipal, como a recollida e transporte de cans e gatos abandonados na vía pública e en toda a extensión do termo municipal, incluíndo os servizos de lacería, recollida, transporte e, se é o caso (finalizados os prazos legais de reclamación), a súa incineración, do mesmo xeito que as visitas e o proceso de adopción de animais, así como a propia xestión ambiental das actividades e instalacións da canceira municipal, están certificadas tamén pola ISO 14001.

Volver a menú

Introdución

ISO 14001

O Concello da Coruña, consecuente co compromiso de establecer un modelo de desenvolvemento que sexa sustentable, tomou, entre outras iniciativas, a de establecer un Sistema de Xestión Ambiental que inclúa algunhas das máis importantes actividades levadas a cabo polo seu Servizo de Medio Ambiente e Sanidade, como son a xestión das súas oficinas ou as praias de Riazor, Orzán, Matadoiro, As Lapas, San Amaro e Oza, todo iso conforme aos requisitos da norma internacional UNE-NISO 14001:2004.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O alcance formal do Sistema de Xestión Ambiental refírese de forma xenérica á "Xestión dos servizos do Servizo de Medio Ambiente e Sanidade", o que inclúe de forma concreta as seguintes actividades:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Xestión das praias de Riazor, Orzán - Matadoiro, As Lapas, San Amaro e Oza.
  • Servizo de mantemento e explotación da rede de vixilancia de calidade do aire.
  • Elaboración e actualización dos mapas de ruídos e olores do termo municipal da Coruña.
  • Mantemento das oficinas e dos vehículos dependentes do Servizo de Medio Ambiente e Sanidade.
  • Limpeza das vías públicas e de soares particulares do municipio.
  • Recollida de residuos do Concello da Coruña.
  • Limpeza e recollida de residuos de soares municipais.
  • Servizo de desinfección, desratización e desinsectación.
  • Control poboacional de gaivota patiamarela (larus cahinnas), pomba doméstica (columba liviavar) e estorniño pinto (sturnus vulagris).
  • Servizos de lacería no termo municipal.

Nos seguintes apartados desenvólvese en parte o alcance para cada unha destas actividades.

Política ambiental (813 KB)

Volver a menú

Praias

A Coruña foi a primeira cidade de Galicia e unha das primeiras de España que certificou a calidade das súas praias coa norma ISO 14001.

Aínda que os principais areais da cidade contan xa co distintivo de Bandeira Azul, o Concello quixo ir máis alá e conseguiu unha certificación externa, igualmente recoñecida en todo o mundo. Foi a primeira certificación ambiental que logrou no seu momento un servizo municipal, neste caso os areais de Riazor, Orzán, As Lapas, San Amaro e Oza. Neste sentido, cómpre sinalar que os procedementos estandarizados que impón a norma ISO 14001, dedicada exclusivamente a cuestións ambientais, son moito máis esixentes que a Bandeira Azul, pois implican a adopción de rigorosos procedementos de carácter estritamente ambientais e garanten a debida preservación do litoral.

Entre outros condicionantes, con esta norma, o Concello obrígase a unha correcta xestión dos residuos; a un estrito control da calidade das augas de baño e da area; ao debido respecto e preservación ambiental da costa con ocasión da realización de actividades; á adopción dos plans de emerxencia; a minimizar e corrixir os posibles danos ambientais derivados da contaminación atmosférica ou por ruído e vibracións, consumos de recursos naturais, contaminación do solo e preservación da paisaxe e da biodiversidade.

Ademais da calidade, o Concello dá un paso máis cara ao obrigado e necesario desenvolvemento sostible da cidade salientando a necesidade dun obrigado control ambiental dos procesos e servizos que nela se realizan.

Na actualidade, todas as empresas e organismos que realizan algunha actuación no litoral están a actuar xa con estes protocolos, baixo a supervisión da Área de Medio Ambiente, co que se garante a preservación da calidade en todos os sentidos.

Volver a menú

Avisos e eventos

  • Parcelario de hortas urbanas

    Ecohortas

    Cando:

    Dende o 09/05/2018 ata o 31/05/2018

    A modo de recordatorio final publícase o parcelario e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís

  • Proposta de resolución de asignación de hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís

    Cando:

    Dende o 09/05/2018 ata o 31/05/2018

    Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase a tramitar o expediente para o uso dss hortas urbanas nas zonas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 16 de febreiro de 2018.

  • Acta do sorteo público de letra que servirá de referencia para a asignación de parcelas e mesas de cultivo

    Cando:

    Dende o 07/05/2018 ata o 31/05/2018

    Resultado do sorteo para a asignación de parcelas e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Parque de Eirís e Novo Mesoiro

Axenda

Puntos limpos

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?