Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

ISO 50001:2011

Introdución

A ISO 50001:2011 é unha nova norma que procede da UNE EN 16001, relativa aos sistemas de xestión enerxética. Con ela preténdese facilitarlles ás organizacións establecer os sistemas e procesos necesarios para mellorar o seu desempeño enerxético, incluíndo a eficiencia enerxética e o uso e consumo da enerxía.

Volver a menú

Sistema de xestión centralizada dos edificios

Aproveitando a instalación dun sistema de monitorización do consumo de enerxía en 51 edificios municipais, como acción pioneira no ámbito estatal, e co obxecto de estandarizar todos os procedementos que implica a súa xestión para conseguir un importante aforro de enerxía nas dependencias municipais implicando o persoal municipal a todos os niveis no uso intelixente da enerxía, optouse pola implantación da dita norma, o que supón a primeira iniciativa desta natureza levada a cabo por un Concello.

Coa ISO 50001 desenvolvéronse, entre outras, as seguintes tarefas:

  • Procedementos relativos ao traballo coa ferramenta de xestión enerxética: revisión de datos, elaboración de informes, remisión de reportes, avaliación da eficacia das medidas, no centro xestor.
  • Procedementos relativos á interacción dos usuarios finais da ferramenta de xestión nos 51 edificios municipais.
  • Procedementos relativos ás medidas de mellora da eficiencia aplicables aos 51 centros de traballo monitorizados cuxa efectiva implantación se levará a cabo nun deles elixido baixo criterios de eficiencia enerxética.

Outros contidos relacionados

Volver a menú

A Coruña, xestión enerxética certificada

ISO 50001

O concello recibiu a certificación UNE NISO 50001:2011 polo sistema de xestión da enerxía implantado ao longo dos anos 2012 e 2013 en 45 edificios municipais, conseguindo así un referendo ao bo labor desenvolvido por preto de 70 traballadores municipais implicados na correcta utilización dos recursos enerxéticos, cun alcance nunca visto dentro da Administración local a escala nacional.

A implantación da norma no concello levouse a cabo de forma paulatina, de maneira que os edificios municipais implicados dividíronse en tres bloques con tres niveis de compromiso: desde un nivel baixo, no que priman as medidas dirixidas ás boas prácticas do persoal municipal, ata o máis alto nos que a norma se aplica en toda a súa extensión, con medidas que afectan ao conxunto dos sistemas enerxéticos do edificio: envolvente, instalacións etc. A subida cara aos niveis máis esixentes conséguese a medida que cada edificio vai avanzando no cumprimento dos obxectivos.

Grazas a esta norma estandarizáronse todos os procedementos de xestión da enerxía, implicando de maneira transversal o persoal do conxunto das áreas municipais, nun complexo proceso que supón a primeira iniciativa desta natureza levada a cabo por un concello en toda España.

Entre todas as medidas destaca a creación da figura do xestor enerxético de edificio, de maneira que en cada dependencia designouse a unha persoa que se encarga de levar a cabo o seguimento dos consumos e informar de calquera aspecto que puidese resultar significativo desde o punto de vista do aforro e a eficiencia enerxética. Esta acción foi posible grazas ao enorme compromiso e á especial conciencia ambiental dos/as traballadores/as implicados/as.

Algúns dos compromisos asumidos na política enerxética municipal son os seguintes:

Asegurar a dispoñibilidade dos recursos necesarios para acadar os obxectivos establecidos relacionados coa mellora da eficiencia enerxética e o consumo da enerxía.

  • Cumprir cos requisitos legais aplicables e outros requisitos, relacionados co uso e o consumo da enerxía e a eficiencia enerxética, subscritos por este concello.
  • Poñer en marcha e mellorar a Plataforma para a Xestión Centralizada da Enerxía que posibilita o control en tempo real dos consumos enerxéticos municipais, permitindo así unha explotación responsable dos recursos públicos.
  • Promover as mellores prácticas de xestión da enerxía e reforzar as boas condutas de aforro enerxético.
  • Darlle prioridade á aplicación de novas tecnoloxías de eficiencia enerxética nos edificios municipais, para optimizar o uso de recursos enerxéticos e reducir o seu consumo.
  • Fomentar a "Compra Verde" nas compras e contratacións públicas realizadas desde os estamentos municipais.

O cumprimento da totalidade dos compromisos preténdese levar a cabo sen a necesidade de recursos extraordinarios, simplemente reorientando os existentes sobre a base de códigos de boas prácticas, sendo en todo caso acordes coa política ambiental municipal e aliñados os obxectivos que actualmente se marcaron dentro de proxectos como o Pacto dos Alcaldes, a Estratexia Contra o Cambio Climático da Coruña ou Smart Coruña.

Política enerxética (436 KB)

Volver a menú

Avisos e eventos

  • Mapa Estratéxico do Ruido no Termo Municipal da Coruña

    Cando:

    Dende o 12/12/2017 ata o 27/01/2018

    Aberto o prazo para presentar alegacións e propostas ó Mapa Estratéxico do Ruído do Termo Municipal da Coruña.

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

  • (A)COLLE PARA LLES DAR VIDA

    Campaña acollida de animais

    Cando:

    Dende o 22/11/2016 ata o 28/02/2018

    O Servizo de Medio Ambiente pon en marcha a campaña (A)COLLE de adopción responsable de cans e gatos que se atopan nol centro municipal de acollida animal

Axenda

Separación de residuos

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?