26 de setembro de 2018
Este próximo sábado 29 e domingo 30 de setembro, de 11:00 a 21:00 horas, o Mercado de San Agustín converterase nun gran rastro. Non so tendas especializadas en antigüidades e segunda man senón tamén particulares participarán neste evento que dará nova vida a todo tipo de artículos de moda, decoración, entretemento ou tecnoloxía coma roupa, discos, libros, cámaras, mobles, xogos, etc.
Contarase con tendas coma www.montegrappabazar.es ou www.timesmarket.es e tamén coa participación de diferentes blogueiros e blogueiras e influencers da cidade coma Laura de Santiago, Myblueberrynights, Sara Noguerol ou Carla Estevez onde poñerán en venda boa parte do seu exquisito armario.
A organización colaborará cedendo un espazo solidario a www.educo.org no que todo o recaudado se destinará ao programa becas comedor para os máis pequenos.
Haberá xogos infantís gratuitos e zonas de descanso con concertos, cafetería e gastronomía. Celebrarase a sesión vermú con música en directo tanto o sábado como o domingo de 14:00-16:00h.
Máis información:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible