Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2018

O Concello adxudica as obras de reforma dos obradoiros do mercado de Elviña, “unha reclamación dos e das praceiras dende a posta en funcionamento do edificio”

Alberto Lema indica que se mellorará e adecuará á lexislación o espazo para a preparación de alimentos, o que repercutirá nunhas condicións de traballo máis axeitas e nun mellor servizo á clientela

O Goberno local vén de adxudicar a obra de acondicionamento dos obradoiros do mercado municipal de Elviña, "unha actuación moi demandada polas praceiras e praceiros dende a apertura das instalacións, que contarán agora cun lugar en condicións para a preparación de alimentos, que cumpra coas garantías precisas e coas esixencias da lexislación". O concelleiro de Emprego e Economía Social, e responsable dos mercados municipais, Alberto Lema, incidiu en que esta actuación "continúa a política de rexeneración e posta a puntos dos mercados para convertelos en centros da economía e de socialización dos barrios".

A obra, que terá un prazo de execución de oito semanas, prevé a reforma completa dos obradoiros, situados no segundo andar do edificio, que serán derrubados por completo para reorganizar o espazo, ampliar o seu número ata chegar aos 14 e mellorar as condicións e os materiais dos obradoiros e facilitar así unha correcta limpeza. A empresa adxudicataria, El Corte Inglés, ten 10 días para presentar a documentación precisa antes do inicio das obras, para as que presentou unha oferta de 149.289,80 euros. "Damos cumprimento así a unha vella reclamación dos traballadores e traballadoras, especialmente de carnicería, que lles vai facilitar moito o seu labor diario e que tamén vai repercutir nunha mellor calidade do servizo aos e ás clientes", indica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión