Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2018

O deseño e a tendencia chegan ás Galerías do mercado de San Agustín con “Creadores”

Esta fin de semana dá comezo a primeira edición de "Galerías San Agustín" con máis de 20 marcas presentes e unha programación pensada para todos os públicos

Complementos, arte, moda, decoración, xoiería creativa, cerámica ou ilustracións son algúns dos produtos que se poderán atopar no evento baixo o lema de #marketlovers.

Ademáis dos stands expositores, tamén participarán algún dos negocios hosteleiros da zona como La Teresa, Chirashizushi e Croqueta y Presumida, entre outros, convertindo "Galerías San Agustín" no mellor plan da cidade desta fin de semana. Tampouco faltará a música con Alda Varez y Richi Ponte, as sesión vermú amenizadas polos DJ Chis e Giamoretti, obradoiros para os máis cativos e a maxia da man do mago Marcos.

Esta iniciativa aseméllase a outras actividades que se están a celebrar nas principais ciudades do país, como "Central de Diseño" en Madrid ou "Palo alto" en Barcelona, e pretende convertir á Coruña nun referente en mercados de tendencia.

A programación desenvolverase o sábado, de 11 a 21 horas, e o domingo de 11 a 17 horas.

Consulta o programa completo.

Documentos:

Programación Galerías San Agustín - Creadores (317 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión