Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de abril de 2018

Os mercados de San Agustín e de Ramón Cabanillas clausuran as xornadas de alimentación saudable

Unha vintena de persoas participaron nos dous últimos obradoiros de cociña que se celebraron nos mercados municipais.

O pasado sábado 7 de abril, os Mercados de San Agustín e de Ramón Cabanillas acolleron as dúas últimas sesións das Xornadas gastronómicas de alimentación saudable.

En torno ás dez e media da mañá comezaron a achegarse os primeiros participantes nos obradoiros de cociña, que daban comezo oficialmente pasadas as 11. 

En San Agustín, a encargada de facer un percorrido polo mercado recollendo os produtos necesarios para a elaboración do menú foi a cociñeira María Teresa Fernández. Os asistentes puideron elaborar un risotto de espinacas, mexillóns en salsa "á miña maneira" e bombóns de chocolate e améndoa, de sobremesa.O obradoiro, que contou coa participación de dez aficionados á cociña, deu remate ás 2 da mediodía. 

Ao mesmo tempo e con idéntica asistencia, celebrouse a xornada no Mercado de Ramón Cabanillas da man do cociñeiro Bartolomé Barros que elaborou unha ensalada caprese, un fondo de armario (wok de verduras e pasta) e, para rematar, un tiramisú lixeiro no canto das mazás asadas e torrixas programas inicialmente.

Enderezo:

Rúa Forcarei s/n. 15001 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión