Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de marzo de 2018

Os mercados municipais da cidade celebran en marzo e abril 10 xornadas gastronómicas para dar a coñecer os seus produtos

As accións, dirixidas a público adulto, comezan mañá en Monte Alto e San Agustín e terán lugar os sábados en horario de mañá, con menús degustación e outras actividades

A Concellería de Emprego e Economía Social organiza durante os meses de marzo e abril dez xornadas gastronómicas dirixidas a público adulto que se desenvolverán nos mercados municipais, co obxectivo de dar a coñecer os produtos frescos e de proximidade que se ofrecen na praza de abastos e potenciar o seu uso. "Os mercados son lugares de abastecemento que favorecen o comercio de proximidade  e o produto de calidade, e teñen potencial para crear riqueza na súa contorna, por iso a nosa aposta pasa por potenciar estes espazos, como potenciais dinamizadores dos seus barrios, non só a nivel económico senón tamén social", sinala o concelleiro desta área, Alberto Lema, que pon en valor as accións impulsadas polo goberno local en torno aos mercados, como o recente congreso de Mercados Urbanos Sostibles, que desenvolveu a súa primeira edición o pasado mes de decembro en San Agustín, as convocatorias para cubrir os postos baleiros ou as distintas actividades e mercadiños  relacionadas co produto ecolóxico e de proximidade, entre outros.

Nas xornadas que se inician mañá, sábado, nos mercados de Monte Alto e San Agustín, as persoas participantes poderán realizar unha visita para coñecer os diferentes postos para ver os produtos frescos e de calidade que alí se venden, e tamén se elaborará un menú degustación coa cociñeira Mayte Fernández, no que se porá e valor a importancia de consumir produtos frescos na dieta diaria. As actividades, que se desenvolverán entre as 11.00 e as 14.00 horas, chegarán tamén ás prazas de abastos das Conchiñas, Elviña, praza de Lugo e Ramón Cabanillas. Deste xeito, o mercado de San Agustín albergará estas actividades mañá e o 7 de abril, mentres que o de Monte Alto celebrará dúas xornadas en sábados consecutivos, o 3 e o 10 deste mes. A praza das Conchiñas celebrará a actividade o 10 de marzo e en Elviña as xornadas chegarán o 17 e o 24 de marzo. As actividades chegarán ao mercado da praza de Lugo o 17 e o 24 de marzo, mentres que en Ramón Cabanillas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión