Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de setembro de 2018

O mercado de San Agustín retoma a programación de dinamización comercial cun encontro de creación

O ciclo 'Galerías San Agustín' expón esta fin de semana o traballo de marcas de creadores e creadoras nun evento que se completará con música, sesión vermú e actividades infantís

O mercado municipal de San Agustín acolle esta fin de semana unha nova xornada do proxecto de dinamización comercial Galerías San Agustín, que regresa tras o verán. Nesta ocasión, o evento, que volverá a ter lugar cada dúas semanas, celebra a cuarta edición de Creadores, o mercado temático que reúne máis de 30 postos de arte, decoración, moda, complementos e xoiería, entre moitos outros, de profesionais de Galicia.

O encontro contará ademais con postos de restauración e actividades paralelas como unha sesión vermú con música en directo entre as 14.00 e as 16.00 horas. Para os nenos e as nenas hai programados obradoiros gratuítos durante toda a fin de semana, nos que poderán crear xoguetes con produtos reciclados ou participar nun concurso de debuxo. Para participar nestas actividades infantís é preciso inscribirse a través do correo electrónico galeriassanagustin@gmail.com ou ben no punto de información do evento durante a fin de semana. Galerías San Agustín comeza o sábado ás 11.00 horas e continuará ata as 21.00 horas, mentres que o domingo o horario será de 11.00 a 19.00 horas.

O proxecto Galerías San Agustín é unha iniciativa de dinamización comercial do mercado municipal posta en marcha pola Concellería de Emprego e Economía Social e que busca, a través de actividades complementarias, crear un enclave referente para a creación que existe na cidade e en Galicia ao tempo que se avanza na liña marcada polo goberno local para impulsar os mercados como núcleo de revitalización dos barrios. Os encontros, que se celebran as segundas e cuartas fins de semana do mes dende o mes de marzo, son mercados paralelos ao tradicional onde diferentes profesionais da creación, a artesanía, a arte e o emprendemento nas súas diversas disciplinas e sectores teñen un acceso directo ao público para amosar os seus traballos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión