Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2018

Galerías San Agustín énchese de arte e artesanía esta fin de semana

A arte e a artesanía serán as protagonistas esta fin de semana no Mercado de San Agustín, sen esquecernos da boa música e a gastronomía. Galerías San Agustín abre as súas portas o vindeiro sábado (de 11.00 a 21.00 horas) e domingo (de 11.00 a 17.00 horas) con 20 artistas, artesáns e artesás locais dedicados á cerámica, a pintura, o téxtil ou a fotografía.

Talleres gratuítos infantís, mostras dalgún dos participantes como "Belen píntache", que realizará maquillaxes artísticas en directo para os e as máis pequenas, ou un obradoiro de iniciación para facer pendentes de fío de metal da man de Silvia Kehl serán algunhas das actividades que haberá ao longo da fin de semana.

A gastronomía será unha escusa máis para pasarse polo mercado. Para comer poderemos gozar dos mellores bocados da man de Abica ou A Teresa, pero tamén se poderá descubrir o mundo do café con Dispar Café ou tomar un cocktail de Le Tavernier.

A música, outro reclamo. O plan de Galerías San Agustín non pode darse sen boa música. O sábado haberá sesión vermú con Dj Giamoretti a partir das 13.30 horas e Dj Tote ás 18.00 horas. O domingo, a Sesión vermú correrá a conta de Dj Cuco e que se alongará ata o peche, ás 17.00 horas, cun concerto en directo de Javi Insua.

Achégase axenda de actividades. Tamén haberá información complementaria nas redes sociais e páxina web:@galeriassanagustin

http://www.galeriassanagustin.com

Documentos:

Programación Galerías San Agustín - Arte e Artesanía (3 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión