Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de outubro de 2018

O Concello da Coruña organiza o Foro de Consumo e alimentación saudable o 18 e 19 de outubro

Os días 18 e 19 de outubro no Paraninfo da Universidade da Coruña o Concello vai a desenvolver un Foro centrado na alimentación saudable das persoas consumidoras tendo en conta a influencia dunha boa alimentación na nosa saúde.

A protección fronte a riscos que poidan comprometer a saúde e seguridade dos consumidores é un dereito das persoas consumidoras que é obxecto de especial protección para as Administracións Públicas. Por isto o Concello da Coruña a través do Servizo de Consumo e dentro do seu programa anual de formación e educación en consumo organiza esta Foro, como un espazo de encontro onde todas as partes implicadas, persoas consumidoras, comerciantes e  profesionais da saúde, poidan analizar e atopar hábitos saudables que contribúan a unha boa saúde.

O Foro desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña , na Rúa Maestranza, 9, e pode solicitar  a inscrición na web www.consumoealimentacionsaudable.gal

A asistencia é de balde pero precisa inscrición previa.

Horario:

  • Día 18 (de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 h)
  • Día 19 (de 10:00 a 14:00 h)

Inscrición: www.consumoealimentacionsaudable.gal.

Máis información: 981 1898 20 / 010

Documentos:

Programa (682 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión