Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2018

A Concellería de Emprego concede 13 autorizacións temporais a postos nos mercados municipais “para manter o pulso e ampliar a oferta” nas prazas

O edil Alberto Lema indica que, á falta de resolver o segundo concurso para a ocupación de locais nos mercados aberto a finais do pasado anos, o Goberno local adxudicou un total de 25 postos nesta lexislatura

A Concellería de Emprego e Economía Social autorizou a apertura de 13 postos nos mercados municipais outorgados de maneira temporal, tal e como prevé a ordenanza de mercados, "para favorecer a ocupación das prazas baleiras e converter os mercados nunha alternativa con variedade de compra de produtos de proximidade". Como indica o responsable da área, Alberto Lema, o obxectivo é "manter o pulso e ampliar a oferta dos mercados, empregando unha opción flexible entre os concursos de licitación para cubrir os postos que non foron solicitados". En total, entre os concedidos no concurso de licitación realizado en 2016 e as prazas asignadas de maneira transitoria, a Concellería de Emprego e Economía Social autorizou a ocupación de 25 postos neste mandato. O proceso co que o Goberno local abriu en maio de 2016 a solicitude de concesión de 48 prazas baleiras nos mercados foi a primeira dende o ano 1994, a pesar da demanda tanto dos e das propias praceiras como da cidadanía en xeral. O segundo destes concursos, convocado a finais do pasado ano, está á espera resolución.

Deste xeito, nas últimas semanas concedeuse o uso de cinco postos de maneira provisoria no mercado de Ramón Cabanillas de venta de carne, froitas, peixe, conxelados, así como unha tenda de ultramarinos. "Estes postos, pese a ter saído a licitación, non foron solicitados por ninguén, o que nos permite adxudicalos previa solicitude dunha persoa interesada", explica Lema. No mercado municipal de Monte Alto, "cuxos postos non entraron na última licitación para facilitar o proxecto de reforma que do edificio", Emprego autorizou a apertura de dous postos exteriores, de artículos de regalos e arranxo de teléfonos móbiles, e catro no interior, dedicados a herboristería, encurtidos, peixería e cervexa e queixos artesáns. Ademais, os mercados de Palavea e Elviña contarán cun novo posto cada un. A ocupación temporal dos postos das prazas recollida na ordenanza municipal estipula que o Concello pode adxudicar cunha vixencia trimestral os locais que non estivesen solicitados ou en licitación pública.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión