Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

Cando:

21 de xuño de 2018

Galerías San Agustín celebra a previa a San Xoán con gastronomía e cervexa artesá

Un total de catorce cervexeiras artesás e seis postos de gastronomía reuniranse no mercado. No encontro poderán degustarse cervexas locais, como Artabria, Kel´s, Bandua ou Ale Ale, e outras chegadas doutros puntos do Estado, como Faxilda de Pontevedra, Edge Brewing de Barcelona ou Four Lions de León.

A noite de San Xoán promete, como todos os anos, pero neste estará acompañada de cervexa artesá. Un total de catorce cervexeiras artesás e seis postos de gastronomía reuniranse no mercado de San Agustín para celebrar unha nova edición das Galerías San Agustín que no seu horario habitual -sábado de 11.00 a 21.00 horas e domingo de 11.00 a 19.00 horas- convértense no mellor plan previo ás fogueiras de San Xoán.

No encontro poderán degustarse cervexas locais, como Artabria, Kel´s, Bandua ou Ale Ale, e outras chegadas doutros puntos do Estado, como Faxilda de Pontevedra, Edge Brewing de Barcelona ou Four Lions de León.

Como cervexa e gastronomía sen música non sería o mesmo, están programadas tres actuacións musicais. O sábado comeza Isaac Peces ás 14.00 horas e continúa ás 18.00 horas con Marian Ledesma. O domingo ás 13.00 horas a música en directo correrá a cargo de José Brea. Ademais, haberá actividades para nenos e nenas e tamén para adultos. Habilitarase una zona de Beer&Play dispoñible durante todo o evento na que se disputará nun torneo de videoxogos ao mesmo tempo que se pode disfrutar dunha boa cervexa. Para os e as máis pequenas tamén haberá actividades gratuítas con xogos de mesa e contacontos, entre outras.

Para inscribirse nos talleres e actividades, pódese enviar un email a galeriassanagustin@gmail.com ou ben facelo no punto de información os días do evento.

Información complementaria:

@galeriassanagustin

www.galeriassanagustin.com

Enderezo:

Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?