Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

9 de xullo de 2019

Inés Rey: “A aposta do Goberno pasa por axudar e consolidar as pemes, que son as que crean emprego e benestar social”

A alcaldesa acudiu á entrega dos terceiros Premios Pyme 2019, organizados pola Cámara de Comercio da Coruña e Santiago e o Banco Santander

A alcaldesa Inés Rey acudiu esta mañá á entrega da terceira edición dos Premios Pyme 2019, convocados pola Cámara de Comercio de A Coruña e Santiago e o Banco Santander, nun acto no que destacou a boa saúde das empresas coruñesas e o feito de que se presentaran ata 60 firmas da provincia a esta convocatoria, onde se distinguiu a Genesal co Premio Pyme 2019 e na que levaron accésits outras catro empresas como son Distribuciones Tikiting, Cofrico, Do Artesanato e Emociacción.

Rey apuntou que "a aposta do Goberno local pasa por axudar e consolidar as pemes que son as que crean emprego e benestar social á cidade". Agradeceu tamén o labor da Cámara de Comercio pola súa implicación en novos proxectos "que se dirixen ao crecemento da cidade".

As gañadoras pasarán agora a competir coas seleccionadas no resto das provincias polo Pyme do Ano de España, unha oportunidade para intercambiar experiencias con outras iniciativas empresariais e sumar puntos de cara a mellorar a calidade do que ofrecen ao mercado. 

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?