Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

11 de decembro de 2019

"Nadal con premio" no mercado das Conchiñas

Por cada compra realizada do 16 de decembro ao 4 de xaneiro entregarase un boleto para participar no sorteo

O mercado das Conchiñas celebra o Nadal obsequiando a cada clienta/e cun boleto pola compra realizada para participar no sorteo "Nadal con premio". Para facerse con estes boletos deberá realizarse unha compra nos establecementos adheridos (ver anexo: Establecementos Adheridos ) do 16 de decembro ao 4 de xaneiro, ata fin de existencias.

Os boletos poderanse depositar nas urnas habilitadas ata o 11 de xaneiro de 2020. Sortearanse 20 vales de 20 € para consumir en calquera dos establecementos adheridos do 27 de xaneiro de 2019 ao 29 de febreiro de 2020.

Publicación das premiadas e premiados

Realizado o sorteo publicarase a lista de gañadoras/es no Mercado e na web coruna.gal/mercados e comunicaráselles, entre os días 14 e 18 de xaneiro, utilizando os datos que facilitasen no boleto de participación. As e os gañadoras/es poderán recoller os vales na oficina do mercado do 20 ao 24 de xaneiro de 2020, de 9:00 a 14:00 h.

Consumo de vales

Os cupóns poderán consumirse en calquera dos establecementos adheridos entre o 27 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2020. Os establecementos adheridos poderán trocar os vales das persoas gañadoras, xunto co tícket de compra, na oficina do mercado do 2 ao 16 de marzo de 2020.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?