11 de novembro de 2019
A exposición Pop Up, con 13 postos de novos emprendedores e emprendedoras, desenvolveuse do xoves 7 ao sábado 9 de novembro
Esta pasada fin de semana o mercado de San Agustín acolleu a realización da mostra Pop Up na que participaron 13 proxectos empresariais de economía social en fase de creación e consolidación. Estas empresas tiveron a oportunidade de expoñer os seus produtos e servizos para ter unha experiencia real coa que aprender a mellorar o seu modelo de negocio.
Ademais de expoñer os seus proxectos, as persoas participantes puideron asistir a diversas charlas e debates que ofreceron un punto de vista enriquecedor para impulsar estas iniciativas. Entre outros temas, falouse dos modelos cooperativos de cesión de uso de vivenda, de economía social e consumo responsable, de arte urbana, de turismo etc.
Inscrita no programa europeo LACES
A mostra promovida pola Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP inscríbese no programa europeo LACEs, un proxecto que ten como obxectivo contribuír ao fomento da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A continuación, pódense visualizar unha selección de imaxes da mostra Pop Up de Economía Social, desenvolvida no mercado de San Agustín entre o 7 e 9 de novembro.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible