Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

Cando:

14 de marzo de 2018

Os mercado das Conchiñas e de Monte Alto acolleron dúas sesións das xornadas de alimentacion saudable

As Xornadas gastronómicas de alimentación saudable que se están a desenvolver nos meses de marzo e abril nos mercados municipais chegaron este sábado 10 de marzo aos mercados das Conchiñas e Monte Alto. Un total de 14 persoas participaron nesta xornada na que adquiriron e cociñaron produtos frescos, nunha mostra de cociña saudable a partir dos produtos dispoñibles nos mercados de abastos.

Nas Conchiñas, a xornada arrancou ás 11 da mañá, coa presentación da cociñeira, Mª Teresa Fernández, que acompañou ás persoas participantes no percorrido polo mercado de abastos, recollendo os produtos necesarios para a elaboración do menú programado para a xornada. Tres cuartos de hora despois, comezouse coa elaboración do menú programado, que consistiu en canapés de atún, milfollas de berenxenas con carne e salsa de tomate e unha sobremesa de iogur. 

A xornada desenvolveuse do mesmo xeito no Mercado de Monte Alto: logo de coñecer ao cociñeiro, Bartolomé Barros, o grupo de participantes dirixiuse a mercar os produtos necesarios para a elaboración do menú programado: solombos de porco con follado, berberechos á prancha con vinagreta de xenxibre e mandarina e unha sobremesa de iogur.

O proceso continuou ao longo de dúas horas, e ao remate as persoas participantes puideron levar para casa os produtos cociñados. 

As xornadas continúan en vindeiras fins de semana noutros mercados. As vindeiras citas son o sábado 17 de marzo nos mercados de Elviña e de Eusebio da Guarda. 

Enderezo:

Rúa Forcarei s/n. 15001 A Coruña

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?