Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2018

Praceiros e clientes de As Conchiñas, coa campaña "Quere o teu mercado"

Os usuarios do mercado deixáronse fotografiar cun corazón para formar desta campaña que en Galicia xa conta con catro edicións ás súas costas, e que está promovida a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets.

Pola súa proximidade, facer a compra nos mercados locais é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada. Sábeno ben os clientes de As Conchiñas, que esta fin de semana puideron participar na campaña "Quere o teu mercado".

Os praceiros mostraron o seu agradecemento aos usuarios do mercado que se deixaron fotografiar cun corazón. Formaron parte así, da campaña que promove a Xunta de Galicia co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando a compra do produto local.

"Quere o teu mercado" (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e en Galicia xa vai pola cuarta edición.

Enderezo:

Rúa Forcarei s/n. 15001 A Coruña

  • Galería campaña "Quere o teu mercado"

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión